Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A tecnoloxía do ITG permitirá o tráfico automatizado de drons na Coruña e Ferrol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A tecnoloxía do ITG permitirá o tráfico automatizado de drons na Coruña e Ferrol

S. P.
Publicado: 10/04/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

itg_u-space_control.jpgA Coruña e Ferrol contarán coa tecnoloxía do ITG (Instituto Tecnolóxico de Galicia) que permitirá o tráfico automatizado de vehículos aéreos non tripulados (UAV) en 2026. Isto, en palabras do ITG, significa que na devandita data ambas as cidades estarán listas para a despregadura no seu espazo aéreo de centos de drons que darán servizos comerciais “de forma segura e coordinada entre si e con outras aeronaves”.
Con este horizonte e no marco de grandes demostradores europeos promovidos pola Unión Europea coa participación conxunta de empresas e administracións traballa o Centro Tecnolóxico ITG, un dos principais actores no desenvolvemento tecnolóxico do espazo europeo para drons, coñecido como U-Space. A este respecto, o instituto lembra que en España xa existen cidades e comunidades autónomas en camiño de ser as primeiras zonas U-Space. É o caso de Galicia, coa Coruña e Ferrol á cabeza; a Comunidade Valenciana; Zaragoza; Madrid; Sevilla; Fuerteventura; Xaén; Cataluña ou Navarra, que están xa traballando en xerar un ecosistema propicio para o desenvolvemento do U-Space.
Analía López Fidalgo, directora da área de Sensórica e Sistemas Aéreos non Tripulados en ITG, asegura que “en pouco tempo os ceos das nosas cidades estarán preparados para albergar un gran número de voos de vehículos UAV prestando servizos relacionados como emerxencias, vixilancia e inspección, rescate de persoas, entrega de material médico, repartición de mercadorías ou transporte de persoas”. En canto aos custos de implantar esta tecnoloxía, aínda por definir, López Fidalgo é contundente: “O U-Space non debe ser un luxo: ten que ser un servizo ao tecido industrial e ao cidadán que permita poñernos á cabeza dunha industria puxante con potencial para xerar centos de empregos e un importante retorno á sociedade”.
O centro tecnolóxico con sede principal na Coruña xa desenvolveu unha ferramenta que permite o control de tráfico aéreo non tripulado en escenarios complexos e calquera ámbito xeográfico. A plataforma DALIAH, en palabras do ITG “unha das máis avanzadas en Europa”, permitirá a integración eficiente e segura de vehículos UAV no espazo aéreo, o que, segundo afirma o instituto, “será clave para a democratización dos servizos de mobilidade aérea urbana no futuro, permitindo habilitar aerovías urbanas baixo demanda e en tempo real.”
itg_u-space_drone_2026.jpg Ademais deste desenvolvemento, actualmente ITG está a levar a cabo un traballo pioneiro de análise, definición de requisitos e certificación da tecnoloxía para que esta realidade sexa posible nos ceos das nosas cidades. Así, nunha primeira fase está a definirse o volume U-Space, unha tarefa que implica analizar os riscos e detallar todas as operacións de voo posibles, definindo os requisitos operativos e de seguridade con todas as partes implicadas a nivel operativo. Posteriormente, o ITG certificará a tecnoloxía que dará servizo aos operadores que queiran conectarse e voar nese espazo aéreo en operacións de inspección e control, de loxística sanitaria e comercial, proxectos audiovisuais, servizos de lecer ou recreativos.
ITG é un dos socios de U-ELCOME encargados de levar a cabo probas para mostrar aos operadores de drons como é a tecnoloxía de xestión de tráfico aéreo á que terán que conectarse durante as súas operacións. Así, durante o mes de marzo leváronse a cabo probas reais de voo conectado a DALIAH, que contaron coa participación de INECO, a Axencia Galega de Emerxencias ou as empresas Aeromedia e Aerocámaras, entre outras. As probas fixéronse tanto no porto exterior da Coruña como en Galaxy-Lab. En 2024 están previstas outras dúas campañas de voo.
Así mesmo, en colaboración con SENASA, a entidade pública en España de referencia para a formación e consultoría neste ámbito, ITG impartiu un obradoiro en liña para mostrar aos operadores de drons como lles afectará na práctica, nas súas operacións, a regulación U-Space. E o 14 de marzo organizou unha xornada profesional que contou coa participación de representantes de ENAIRE, SENASA, Aeromedia, Aerocámaras, Policía Local da Coruña e a Autoridade Portuaria de Ferrol, ademais de ITG.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?