Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Portocabo preestrea en Ourense a comedia +Cuñados, participada por Movistar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Portocabo preestrea en Ourense a comedia +Cuñados, participada por Movistar

S. P.
Publicado: 11/04/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cunados_portocabo.jpgOurense acolle este 10 de abril a presentación da longametraxe +Cuñados, rodada en Galicia e producida pola firma da nosa terra Portocabo, cunha contía de axudas da Xunta que superou os 255.000 euros. A preestrea do filme, que ten o apoio da plataforma Movistar, onde se estreará para o público de contidos en streaming, contou coa presenza do equipo responsable de +Cuñados, entre os que se contaron o director noiés Luís Avilés, e os actores Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez, que repiten como trío protagonista (logo da primeira parte, a comedia Cuñados, que foi en 2021 a estrea máis ampla na historia do cinema galego). Segundo explicaron, o filme chegará ás pantallas o vindeiro 19 de abril.
Tamén asistiron á preestrea o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil, así como representantes do resto de entidades e empresas colaboradoras. Rodríguez comentou que “tanto o público como a crítica celebraron a química do reparto e a intelixencia e o humor do guión de Cuñados” e amosouse convencido de que +Cuñados será tamén unha “comedia única, capaz de atraer públicos de todo tipo e espertar as risas para todas as idades”.
Novos xeitos de producir cinema
Respecto da produtora Portocabo, Premio da Cultura Galega 2023 na categoría de Audiovisual, destacou a súa contribución ao gran momento que está a vivir o sector. “O audiovisual ten contribuído a lle dar forma á identidade galega actual e creo que isto se estende a todos os xéneros, incluíndo a comedia”, destacou. Fixo fincapé, así mesmo, na capacidade das empresas galegas á hora de dinamizar o tecido profesional neste ámbito e de lles dar oportunidades a novos xeitos de producir series e películas, como no caso de Cuñados e a súa secuela.
Luis Avilés é o director de +Cuñados, que volve contar con Alfonso Blanco na produción executiva e cos actores Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rey como trío protagonista. Para a súa produción, Portocabo contou cunha axuda de máis de 255.000 euros por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais, que reverteu na mobilización dun equipo de máis de 100 profesionais e nun investimento na nosa Comunidade próximo ao millón de euros.
A trama desta secuela, con guión de Araceli Gonda, ten como escenario a celebración do Entroido ourensán, durante o que os cuñados veranse envoltos nun novo enredo. Ademais do devandito trío, repiten no elenco Eva Fernández, María Vázquez, Iolanda Muíños e Mela Casal, aos que desta volta se suman David Perdomo, Ivo Bastos, Ana Saltão e Nuno Sá.
A longametraxe conta tamén co patrocinio da Deputación de Ourense, a participación de Movistar Plus+, TVG e RTVE, así como coa implicación de Movistar Plus + Internacional para a súa distribución fóra de España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?