Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAG estrea a serie web Luísa Villalta: a rebelión da palabra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAG estrea a serie web Luísa Villalta: a rebelión da palabra

S. P.
Publicado: 11/04/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

serie_luisa_villalta_rag.jpgO pasado martes 9 de abril a Real Academia Galega (RAG) estreaba Luísa Villalta: a rebelión da palabra, unha serie web sobre a autora á que se lle adicará o vindeiro Día das Letras Galegas.
Indo ao documental, dicir que está dirixido por Damián Varela Pastrana, consta de seis episodios nos que a través de máis dunha vintena de voces se debuxa un retrato coral sobre a poeta, narradora, ensaísta e articulista coruñesa, unha creadora que -coinciden os entrevistados- cultivou a escoita para entender o mundo e concibiu a literatura como un xeito de transformalo a través da emoción.
A RAG confiou un ano máis en Miramemira -produtora d’O que arde e d’O corno– a realización do documental sobre a figura protagonista da gran festa da cultura galega. A cuarta serie das Letras Galegas da Academia (a primeira foi a do Ano Xela Arias).
Xunto aos testemuños recollidos, a narración -con guión de Alba López Álvarez- compleméntase coas contribucións artísticas doutros profesionais do ámbito da poesía, a música e as artes escénicas, atoparemos: recitados, música, danza e mesmo unha adaptación dunha das obras teatrais da escritora, Os dóces anos da guerra (2001).
Engadir que este proxecto se levou a cabo co apoio económico da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Son en total case dúas horas de cinema documental que comezan da man da irmá de Luísa Villalta, Susana, e a súa nai, María Gómez, e que avanzan cos testemuños de amizades e voces da cultura como Pilar Pallarés, Eva Veiga, Xurxo Souto, Miguel Anxo Fernán-Vello ou as académicas Ana Romaní e Margarita Ledo Andión. No derradeiro episodio intervén Maribel Longueira, a fotógrafa coa que Villalta concibira o poemario Papagaio (2006), unha denuncia da explotación sexual das mulleres e da especulación urbanística arredor do barrio coruñés do mesmo nome.
luisa_villalta_rag_serie.jpgLuísa Villalta adicouse profesionalmente á docencia (sendo profesora de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario) e decantarase pola escrita. Asemade tamén é titulada superior en violín, nunca abandonou a música. Esta é a protagonista salientable das súas primeiras obras -o monólogo teatral Concerto para un home só (1989) e o poemario Música reservada (1991)-, e do rigoroso ensaio O outro lado da poesía, a música (1999). Así tamén é a música o eixe do episodio 2, Melodía, onde se rescata a voz da autora cantando unha versión do poema Chora fame, do poeta caboverdiano Gabriel Mariano, e o son do seu violino -como ela o chamaba- con Escaino, o grupo de folk do que formou parte entre finais dos anos 70 e primeiros 80 do século pasado.
Engadir que a banda sonora conta ademais coa violinista da Real Filharmonía de Galicia Kiyoko Ohashi, Óscar Silva e o dúo compostelán de electrónica-soul Aparato (Chus Silva e María Caramés), que avanza na serie o tema Amor disxunto, no que lle pon música a un poema de Música reservada.
As artes escénicas tamén están presentes na obra teatral de Villalta Os dóces anos da guerra, interpretada no capítulo 4 polas actrices de dobraxe Susana Leis e Cristal Lázare. As artes plásticas intégranse a través da colaxe que abre o episodio 5 e a danza e a dramaturxia son a cerna do derradeiro episodio, escrito en colaboración coa dramaturga e investigadora teatral Gena Baamonde e mais a bailarina e intérprete Andrea Quintana. Esta última é a encargada, xunto coa poeta Nuria Vil, da interpretación que ten como escenario a paisaxe urbana da Coruña.
En canto aos entrevistados, a serie conta cos testemuños de: María Gómez e Susana Villalta, nai e irmá da homenaxeada; Rubén Anido e Manuel Pérez, alumnos de Luísa Villalta no IES Isaac Díaz Pardo de Sada; autoras e autores que a coñeceron de preto e outras amizades e persoas que estudaron ou editaron parte da súa obra: Pilar Pallarés, Marga do Val, Ana Pillado, Xurxo Souto, Xosé Luís Martínez Pereiro, Estíbaliz Espinosa, Xosé María Álvarez Cáccamo, Eva Veiga, Miguel Anxo Fernán-Vello, Ana Romaní, Maribel Longueira, Francisco X. Fernández Naval, Armando Requeixo, Alexandrina Fernández Otero, Inma Otero, Pilar García Negro, Margarita Ledo, María Xosé Bravo, Susana Sanches Arins, Lorena Conde e Inés Salvado.
Dicir que a produción contou coa colaboración de distintas institucións e particulares na cesión de material de arquivo como a: CRTVG, os fotógrafos Xoán Piñón, Xosé Abad e Xurxo Lobato, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, o Centro Ramón Piñeiro ou Teatro Proscrito, e especialmente a familia de Luísa Villalta.
A serie poderá verse na sección das Letras Galegas 2024 da páxina web da RAG reúne distintos contidos divulgativos sobre Luísa Villalta dende unha biografía por parte de Ana Romaní, ás Palabras de Luísa Villalta ou novas sobre a celebración do Día das Letras Galegas 2024 cadrando co vixésimo aniversario do seu pasamento.
Por último, a institución ofrece para o público máis novo o portal primaveradasletras.gal. Xoán Babarro e Ana María Fernández son os autores do conto biográfico, titulado Violino, Inglesa e o libro xigante, que conta coas imaxes do Premio Nacional de Ilustración Óscar Villán. Na mesma páxina web atópanse actividades interactivas arredor do universo de Luísa Villalta, fichas para colorear e ligazóns de interese, e proximamente publicarase a nova edición do concurso Contádenos o voso Día das Letras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?