Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Santiago acolleu a reunión de coordinación da Rede Provincial de Coworking
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Santiago acolleu a reunión de coordinación da Rede Provincial de Coworking

S. P.
Publicado: 11/04/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

rede_coworking_coruna.jpgA Cámara de Comercio de Santiago de Compostela foi a sede da VI Reunión de Coordinación da Rede Provincial de Coworking, que tivo lugar estes xoves 11 de abril no Coworking Dixital CCompostela. O evento contou coas intervencións de Rosa Ana García, deputada da Área de Emprego da Deputación da Coruña, e María Pais, presidenta da Cámara de Comercio de Santiago, que ofreceron as súas reflexións finais e agradeceron a todos os participantes a súa contribución ao éxito no funcionamento destes espazos de traballo.
rede_coworking_coruna_ccompotela_dixital_santiago_3.jpgA xuntanza reuniu ademais aos representantes dos once espazos de traballo colaborativo de toda a provincia da Coruña (dirixidos a velar polo emprendemento ofrecendo instalacións e asesoramento axeitados, apoio e acceso a outros profesionais, empresas e mercados), que participaron nunha xornada de intercambio de coñecementos e experiencias, así como na discusión de temas relevantes para a comunidade emprendedora e empresarial.
O caso da Cámara compostelá
rede_coworking_coruna_ccompotela_dixital_santiago.jpg A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela puxo en valor os datos do seu Coworking Dixital CCompostela, posto e marcha o ano pasado co obxectivo de fomentar proxectos dixitais de persoas emprendedoras e startups e impulsar a transformación dixital de pemes e micropemes da demarcación da Cámara de Comercio de Santiago. No exercicio 2023 asesorou de forma personalizada a 96 emprendedores, executou 50 accións formativas cun alcance de 580 asistentes e incubou 9 proxectos empresariais. Para todo isto contouse co apoio económico da Deputación da Coruña a través da Rede Provincial de Espazos de Traballo, da Fundación INCYDE a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e de cara ao ano 2024 o proxecto contará ademais coa colaboración do Concello de Santiago que se une ao apoio aos proxectos empresariais e aos emprendedores que se xestionarán desde o coworking da Cámara compostelá.
Despois dunha visita guiada ás instalacións ao CCompostela, Rosa Ana García e María Pais pecharon a xornada destacando o labor do coworking e da Cámara.
A Rede Provincial
rede_coworking_coruna_ccompotela_dixital_santiago_2.jpg A Rede Provincial de Coworking aglutina distintos espazos de traballo localizados en municipios da provincia (viveiros de empresas, centros de negocio e coworking). O obxectivo principal desta Rede é establecer uns mecanismos de coordinación e colaboración na prestación de servizos a empresas e persoas emprendedoras entre os distintos espazos que formen parte dela. A Rede está formada por novos viveiros de empresas, centros de negocios ou coworking creados baixo a demanda de Concellos ou ben por centros xa existentes nos que o Concello ou entidade sen ánimo de lucro solicita apoio para o seu funcionamento e dinamización.
Espazos de traballo que forman parte da rede na actualidade:
Coworking Pazo de Arenaza (Oleiros)
LAB-Barbanza (Boiro)
Daquí Darredor (Brión)
Espazo A Proa (Ames)
Centro de Transformación Agroalimentaria A Fusquenlla (Moeche)
Coworking A Capela (A Capela)
Centro de emprendemento A Estación (Vedra)
Green coworking (As Pontes)
Coworking A Pobra (A Pobra do Caramiñal)
Coworking Dixital CCompostela (Santiago de Compostela)
A Casa do Pescador

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?