Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O equipo Bonito-Bot do IES Perdouro de Burela gaña a III Olimpíada Robótica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O equipo Bonito-Bot do IES Perdouro de Burela gaña a III Olimpíada Robótica

S. P.
Publicado: 15/04/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

olimpiada_robotica_ferrol_ganadores.jpgO equipo Bonito-Bot, integrado por un grupo de estudantes de 1º de Bacharelato do IES Perdouro de Burela (Hugo Gorgojo, Gabriela Chumacero, Iago Ramos, Lucas Casal, Candela Fernández e Cayetana Trelles), vén de gañar o Gran Premio Final da III Olimpíada Robótica que se celebrou este venres 12 de abril no Centro de Educación Infantil e Primaria de Esteiro, da man da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e do Campus Industrial da Universidade da Coruña.
Ao longo de toda a mañá, o alumnado participante, máis de 100 estudantes de ESO e de Bacharelato das provincias da Coruña e de Lugo, tivo que superar tres retos: un sigueliñas con obstáculos, a proba do varredor e unha competición de sumo.
No sigueliñas, o robot debía seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se interpoñan no seu camiño. Na proba do varrendeiro o alumnado tivo que empregar algoritmos semellantes aos que empregan as aspiradoras ou as máquinas de cortar o céspede para varrer todos os obxectos do taboleiro. Por último, na competición de sumo, os equipos mediron as súas forzas nun cara a cara no que debían expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo.
olimpiada_robotica_ferrol_.jpg Nesta III Olimpíada Robótica participaron un total de 26 equipos integrados por estudantes de secundaria e/ou de bacharelato do Colegio Plurilingüe Compañía de María e do IES Salvador de Madariaga da Coruña, do IES Saturnino Montojo, do Colexio Tirso de Molina e do Colexio Cristo Rey de Ferrol, do CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha de Betanzos e do IES Perdouro de Burela.
Gran Premio Final da III Olimpíada Robótica
Foi dar como dixemos ao equipo Bonito-Bot do IES Perdouro de Burela. Entregou o galardón a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares Pernas.
Premios á mellor puntuación na proba do sumo
O primeiro premio foi dar ao equipo Tomate do CPR Plurilingüe Nosa Señora do Carme (A Gran Obra de Atocha) de Betanzos, A Coruña; o segundo a Hamburguesas Extintas e o terceiro a MJ63 do dito centro betanceiro. Entregou os galardóns o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez González.
Premios á mellor puntuación na proba do segueliñas
O primeiro, o segundo e o terceiro premio recaeron en Los evidentes, en Bolita e en Tomate, respectivamente, todos do CPR A Grande Obra de Atocha (Betanzos). Entregou os galardóns o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz Casás.
Premios á mellor puntuación na proba do varrendeiro
O primeiro premio foi dar Jamón Serrano, do Colexio A Grande Obra de Atocha de Betanzos, o segundo a Bonito-Bot do IES Perdouro de Burela, e o terceiro a Os Enxeñeiros da Fe, do Colexio Cristo Rey de Ferrol. Entregou os galardóns: o coordinador da III Olimpíada Robótica, o profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Juan Manuel Rivas Rodríguez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?