Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ESEI acolleu a 1ª xuntanza dun proxecto para mellorar a detección de cancro colorrectal con IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ESEI acolleu a 1ª xuntanza dun proxecto para mellorar a detección de cancro colorrectal con IA

S. P.
Publicado: 18/04/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ai4polypnet_campus_ourense_rede.jpgEste martes 16 de abril a Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense acolleu a primeira xuntanza de traballo da rede estatal AI4PolypNet, creada para mellorar os sistemas de detección e de diagnose de cancro colorrectal empregando Intelixencia Artificial. Nesta rede oito grupos de investigación de Catalunya, Estremadura, País Vasco e Galicia únense para optimizar experiencia, recursos técnicos, humanos e de datos e avanzar cara o desenvolvemento de propostas integradoras capaces de responder aos retos desta enfermidade.
A Rede temática enfocada no desenvolvemento e validación de sistemas de soporte ao diagnóstico de cancro colorrectal usando intelixencia artificial (AI4PolypNet) está financiada pola Axencia Estatal de Investigación na convocatoria 2022 de Redes de Investigación. Da Universidade de Vigo participa o Grupo de Sistemas Informáticos de Nova Xeración (SING), que conta cunha ampla traxectoria no desenvolvemento e aplicación de técnicas e métodos de IA para a resolución de problemas en bioinformática, biomedicina e informática médica. Entre os seus proxecto están PolyDeep e PolyDeepAdvance, feitos en colaboración co grupo Giodo, para o desenvolvemento, validación clínica e acceso ao mercado dun sistema CAD baseado en IA destinado á detección e clasificación de pólipos colorrectais durante as endoscopias.
O cancro colorrectal, explican desde a rede, é un dos de maior incidencia mundial, diagnosticándose 1,93 millóns de novos casos ao ano e alcanzando as cifras de mortalidade os 916.000 pacientes en 2020. A pesar desta elevada incidencia, sinalan, estudos a grande escala demostran que máis do 90% dos casos teñen cura se a súa lesión precursora, o pólipo precanceríxeno, se detecta e extrae a tempo. A colonoscopia segue sendo o único procedemento que permite detectar e tratar a lesión nunha soa intervención, mais, apuntan as e os investigadores, “non é unha técnica perfecta e, segundo informes, case un 22% das lesións non son detectadas durante a exploración”. Durante a última década, e grazas aos avances en materias como a aprendizaxe computacional e a visión por computador, realizáronse distintos esforzos para desenvolver métodos baseados en Intelixencia Artificial e sistemas intelixentes co obxectivo de dar soporte ao persoal clínico na detección e diagnóstico do cancro colorrectal.
Neste marco de traballo, a rede une experiencia, recursos e esforzos de diferentes grupos de traballo técnicos e clínicos co fin de “definir de maneira clara as necesidades clínicas reais e o modo en que os datos teñen que ser recollidos e anotados para que os diferentes métodos desenvolvidos alcancen todo o seu potencial, tendo en conta por primeira vez aqueles requisitos que deben cumprirse para unha despregadura e un uso efectivo na sala de exploración”.
Ao longo da sesión celebrada no campus, os membros da rede abordaron o estado actual de AI4PolypNet, que arrancou a súa actividade o pasado verán aínda que esta é a súa primeira xuntanza de traballo presencial; os retos clínicos e técnicos aos que se enfronta a Intelixencia Artificial no ámbito da imaxe de colonoscopia, as metodoloxías técnicas para detección e clasificación de pólipos nestas imaxes e as bases de datos para adestrar e avaliar métodos de IA neste eido. O camiño cara un libro branco da Intelixencia Artificial no ámbito de imaxe de colonoscopia e a planificación de próximas actividades da rede foron outros dos temas abordados na cita.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?