Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña e os concellos coincidiron na necesidade de xuntar forzas para protexerse dos ciberataques
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña e os concellos coincidiron na necesidade de xuntar forzas para protexerse dos ciberataques

S. P.
Publicado: 18/04/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

formoso_ciberseguridade_deputacion_coruna.jpgAlcaldes e alcaldesas dos concellos da provincia da Coruña participaron este luns 15 de abril na Coruña nunha xornada sobre os retos e ameazas da ciberseguridade para as administracións locais organizada pola Deputación da Coruña. Entre as conclusións ás que chegaron as e os participantes figura a seguinte: cómpre contar con medidas de prevención e protocolos de actuación para enfrontar os ciberataques con garantías. Tamén se recalcou que a protección tecnolóxica das administracións non é algo circunstancial senón “unha cuestión de organización e goberno”.
A xornada foi inaugurada polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso e o deputado de Avance Dixital, José Ramón Rioboo, e contou coas intervencións do conselleiro do Consello de Contas de Galicia, Simón Rego Vilar, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño Iglesia, ademais da alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que explicaron ante o resto de rexedores da provincia as súas experiencias ante os ciberataques que os seus municipios sufriron recentemente.
O obxectivo da xornada, foi “concienciar aos gobernos locais de que a ciberseguridade é un elemento clave para os concellos”, sinalou González Formoso. Ao seu xuízo, “non se trata dunha cuestión técnica nin informática, e unha cuestión de organización e goberno”. Formo destacou que a gran maioría dos servizos municipais apóianse nunha infraestrutura tecnolóxica que queda paralizada por días ou semanas ante os ciberataques e que pode causar danos serios e incluso a perda irreversible de datos se non se dispón das medidas de prevención e recuperación axeitadas.
Formoso detallou que o cibercrime causa perdas económicas moi relevantes, estimadas no 1,5% do PIB mundial, e representa xa o 20% do total dos delitos en España, incrementándose ano a ano. “Nos vai acabar tocando, así que o mellor que podemos facer como alcaldes e alcaldesas é estar preparados e ter as ferramentas axeitadas para previr estes ataques e para minimizar os seus efectos cando se producen con plans de resposta e recuperación efectivos”, afirmou.
O presidente subliñou tamén que a ciberseguridade é unha das liñas principais da Estratexia Dixital da Deputación da Coruña, que forma parte do nodo de ciberseguridade de Galicia (CIBER.gal) e colabora co Centro Criptolóxico Nacional (CCN) na implantación de perfís específicos de seguridade nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. Ademais, é unha das catro deputacións de toda España que contan con certificación no Esquema Nacional de Seguridade (ENS). “Uns sistemas de seguridade que non só dan servizo á Deputación, senón aos concellos da provincia”, explicou Formoso.
A xornada contou tamén coa intervención de Simón Rego, conselleiro do Consello de Contas de Galicia, que presentou o recente informe elaborado por este organismo sobre ciberseguridade nas deputacións galegas e que sitúa a institución provincial coruñesa como “a que mellor cumpre cos parámetros de ciberseguridade establecidos”. Rego destacou que, ademais do control económico, o Consello de Contas” ten unha función de colaboración na mellora da xestión pública local, que é menos coñecida pero é importante” e incidiu tamén no “incremento exponencial” dos ciberataques, que causan importantes danos económicos cifrados en máis de 6 billóns de dólares cada ano.
Pola súa banda, o director de AMTEGA, Julián Cerviño, chamou tamén a atención sobre o constante incremento dos ciberataques, especialmente tras a pandemia. “Nos primeiros dous meses de 2024 incrementáronse nun 190% con respecto ao ano pasado”, afirmou Cerviño, que destacou que as plataformas de seguridade da Administración autonómica bloquearon o ano pasado 167 millóns de ataques. Salientou a necesidade de “afrontar a transformación dixital e os retos da ciberseguridade de xeito coordinado” e sinalou o papel clave da administración local neste asunto.
As experiencias de Carballo e Teo
A xornada contou tamén coas intervencións do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, que narraron as súas experiencias recentes fronte aos ciberataques aos seus concellos e agradeceron a colaboración da Deputación da Coruña e AMTEGA para solucionalos. “Hai case un ano, o 25 de abril de 2023 ás cinco da mañá, chamáronnos por unha caída de todos os servidores informáticos, que paralizaron a actividade do Concello de Carballo”, afirmou Evencio Ferrero, que explicou que o ataque provocou problemas na actividade municipal “durante case un mes”.
“Foron semanas intensas, con preocupación e incerteza por parte da poboación. Os delincuentes pedían un altísismo rescate, pero grazas a contar con medidas de seguridade o único que perdemos foi un proxecto, rematado o día anterior, que houbo que volver a reiniciar enteiro”, explicou o rexedor de Carballo, engadindo que “trala crise, procedeuse á renovación do 75% dos equipos informáticos municipais e a posta en marcha dun novo contrato de ciberseguridade, que estabamos ultimando xa cando se produciu o ataque”.
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, explicou tamén a súa experiencia, que supuxo “a paralización total do Concello durante catro días”. Segundo fixo saber, é preciso que os concellos pequenos conten cun informático no seu cadro de persoal. Lucía Calvo explicou como se efectuou a creación dun gabinete de crise e se activou o protocolo para ciberataques, que inclúe a denuncia perante a Garda Civil e a coordinación das mensaxes á cidadanía. A alcaldesa incidiu nos tres aspectos fundamentais fronte aos ciberataques: a prevención, que definiu como “fundamental”, a reacción tras o ataque e a concienciación social sobre a importancia crecente deste problema.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?