Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 600 estudantes de toda Galicia participan este venres na Competición de Robots da UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 600 estudantes de toda Galicia participan este venres na Competición de Robots da UVigo

S. P.
Publicado: 18/04/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_robots4-2.jpgO Campus de Vigo acolle este venres a sétima edición da Competición de Robots da UVigo. Participarán arredor de 600 estudantes de institutos e universidades de toda Galicia poñendo a proba os seus robots na EE Industrial. A cita comezará ás 10.00 horas deste venres 19 e está dirixida a estudantes de ciclos medios, PAS, PDI e público externo. Organiza a Escola de Enxeñaría Industrial. Haberá dúas categorías: Be-Robot e DeMO-Robot.
Tras a grande acollida da pasada edición, que en abril de 2023 puxo fin a tres anos de parón de pola pandemia, a Competición de Robots que organiza a Escola de Enxeñería Industrial regresa ao campus de Vigo este 19 de abril con varias novidades que farán máis atractivo o concurso, entre elas a estrea de novos tapices para as probas e un kit mellorado para montaxe dos autómatas.
Como dixemos, a competición dividirase en dúas categorías, BE-Robot para estudantes de ESO e Bacharelato e DeMO-Robot para alumnado de ensino superior, tanto ciclos de formación profesional como de graos universitarios. En cada unha delas, e partindo dun kit básico, os equipos deberán montar e programar un robot móbil co que participarán nunha serie de probas e retos. A finalidade deste evento, que no curso pasado reuniu máis de 600 mozos e mozas das catro provincias galegas, é que as e os participantes se familiaricen de forma simple, práctica e divertida coa robótica.
Programa da competición:
10.00 – 10.30 Inscripción e quentamento de BE ROBOT
10.45 Inicio competición categoría BE ROBOT
10.45 – 11.15 Primeira proba: Sigue-liña marchoso
11.15 – 12.15 Segunda proba: Velódromo mareante
11.30 – 12.00 Inscripción e quentamento DEMO ROBOT
12.00 Inicio competición categoría DEMO ROBOT
12.00 – 13.45 Probas competición categoría DEMO ROBOT
12.30 – 13.45 Finais por categoría BE ROBOT (1º+ 2º ESO, 3º+ 4º ESO, 1º+ 2º Bacharelato)
14.00 – 14.30 Entrega de premios no salón de actos da escola

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?