Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O concurso Quero Cantar da Deputación elixe gañadoras o sábado 20 de abril na Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O concurso Quero Cantar da Deputación elixe gañadoras o sábado 20 de abril na Coruña

S. P.
Publicado: 19/04/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

quero_cantar_gala_final.jpgSantiago, Teo, A Laracha, Redondela ou Cangas do Morrazo son localidades de orixe dos integrantes dos grupos que enviaron as propostas seleccionadas polo xurado do concurso de música infantil e xuvenil Quero Cantar, que se adica a enriquecer Internet e as redes de cancións en galego dos novos talentos galegos. Trátase dun certame consolidado que chega á súa sétima edición da man, novamente, da Deputación da Coruña. Este sábado celébrase a gala final. Todas as pezas finalistas das anteriores edicións pódense ver na web querocantar.gal e na súa canle de Youtube.
A cita será no Teatro Colón da Coruña este 20 de abril. Subirán ao escenario en primeiro lugar @s Tareixas, Hush e Sementarei, os seleccionados na categoría infantil (ata 12 anos e con posibilidade da presenza dunha persoa adulta), e posteriormente actuarán os finalistas na categoría xuvenil (de 13 a 16 anos): a solista Daniela Montes, e os grupos Interestelares e esTilos. Na gala actuará tamén Onda Dagda, grupo amesán con pegada de edicións anteriores do #QueroCantar entre os seus integrantes.
A complicada peneira previa correspondeulle nesta edición 2024 a un xurado composto por persoas vinculadas profesionalmente ao mundo da música integrado por Ángeles Dorrio, Silvia Penide, Sofía Espiñeira, Brais das Hortas e Mondra. O xurado estivo presidido pola deputada de Cultura, Natividad González Rodríguez, actuando como secretaria a xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes, Mercedes Fernández- Albalat. Tamén estivo presente, sen voz e sen voto, o comisario do concurso, Tono Formoso. Mais, lembramos que na gala final, o xurado estará integrado por nenos e nenas e por mozos e mozas con formación musical e do mesmo abano de idade que as bandas e solistas seleccionadas para a final.
A gala estará presentada pola actriz e contadora Soledad Felloza. A asistencia á gala final será de balde, previa retirada de convite na web do Teatro Colón (a través da plataforma www.ataquilla.com).
Finalistas na categoría infantil
@s Tareixas é un grupo de Redondela, integrado por un pai e os dous fillos, nena e neno, cunha canción sobre a súa avoa, titulada A cadeira da avoa.
HUSH é un grupo de seis nenas e nenos que estudan na escola Entre Caixas, de Calo, Teo. O seu é o rock clásico e a canción coa que se presentan ao concurso chámase Estaría ben.
Sementarei é un grupo de seis nenas e nenos estudantes das Escolas de ensino Semente, de Santiago. Chegan á sétima edición do concurso coa canción titulada Umha valsa para Gaza, que quere ser un alegato contra o xenocidio en Gaza.
Finalistas na categoría xuvenil
Daniela Montes é unha solista da Laracha que se acompañará na súa actuación co piano. Presentaranos unha canción de desamor titulada Non todo era malo.
Interestelares é un grupo de catro nenas e nenos de Cangas do Morrazo que chega ao concurso coa canción que titularon Lume. A peza está inspirada nun suceso real: o incendio que ameazou gravemente a casa da compositora do grupo.
esTilos é un grupo formado exclusivamente por guitarristas, rapaces e rapazas, alumnos de guitarra nas clases de Miguel Alonso no seo da asociación cultural e recreativa Os Tilos, de Teo. Presentáronse coa canción Ollos mentireiros, unha peza contra os estereotipos de beleza.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?