Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Política Lingüística achega 270.000 euros a 30 proxectos de escrita de guións para filmes e series
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Política Lingüística achega 270.000 euros a 30 proxectos de escrita de guións para filmes e series

S. P.
Publicado: 19/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

guions.jpgA Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta fixo pública a resolución da convocatoria de subvencións para a escrita de guións audiovisuais, unha nova liña de apoio ao sector lanzada por primeira vez este ano e a través da que o Goberno galego outorga 270.000 euros a 30 proxectos orixinais ou de adaptacións literarias que teñen como destino a produción de longametraxes cinematográficas ou de series para televisión e novas plataformas.
Na modalidade de autoría novel, destinada a persoas que están a iniciar a súa traxectoria profesional no ámbito da escrita audiovisual, concedéronse 70.000 euros repartidos entre 10 proxectos. Trátase de A cinco segundos, de Ana Pico García; Viaxe ao bosque esquecido, de Noelia Muíño González; Damero maldito, de Clara Coira Suárez; Anatomía dunha onda, de Pedro Díaz López; Cando prende a cacharela, de José Carlos Illanes Puente; O lobo nunca pide perdón, de Miguel Conde Lobato; Chorima, de Alicia Úbeda Suárez; Candorca, de Heber Fernández Pérez; El capitán, de Álvaro Pinell Pacha; e Delgada ou morta, de María Barro Guntín.
Guionistas con experiencia acreditada No referente á modalidade de autoría non novel, dirixida a guionistas profesionais con experiencia acreditada na escrita para longametraxes ou series, a contía de 200.000 euros distribúese de xeito igualitario entre 20 proxectos.
Os títulos subvencionados son La historia entre tus piernas, de Raquel Nogueira Basalo; Monstros, de Nano López Moure; Guerra fría, de Enrique Otero; Los estudios, de Alba Araújo Pinto; Piso 13, de Roberto González Méndez; Toda miña, a saudade, de Alfonso de la Puente Vaquero; Febre, de Héctor Carré; Normal, de Lidia Fraga; Pendiente de un hilo, de Pedro Corredoira; A nena que quería ser Fred Astaire, de Olga Osorio; Happy funerals, de Fon Cortizo Vázquez; A7, de Santiago González Iglesias; Amparo, pero non Olvido, de Luis Miles; As almas perdidas, de Alexandre Cancelo Parcero; O mozo do peito ferido, de Carlos Piñeiro; Non corta o mar, senón voa, de Xacio Baño, La caja, de Xosé Morais; Corre comigo, de Chelo Loureiro; Cocho, de Jacobo García Fernández; e Frank Soutelo, investigador privado, de Chema Gagino.
O obxectivo desta nova liña de axudas é contribuír ao avance do audiovisual galego a partir dun investimento na base do sector, que está, en gran medida, na fase inicial de guión. Búscase así dar pulo a novos talentos e consolidar o apoio aos que xa teñen experiencia na escrita, ao tempo que se afianzan as fases previas dos proxectos cara ao desenvolvemento e produción de novos títulos que continúen na senda de éxitos e recoñecementos do audiovisual galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?