Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dúas ducias de centros medíronse en Cerceda na fase galega do desafío CanSat
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dúas ducias de centros medíronse en Cerceda na fase galega do desafío CanSat

S. P.
Publicado: 23/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240423lanzamentosatelitescansatcerceda.jpgUn total de 23 equipos de 19 colexios e institutos participaron este martes 23 de abril nun lanzamento de satélites no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea CanSat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda.
A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites.
O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.
20240423lanzamentosatelitescansatcerceda_4.jpg Antes de lanzar os satélites, os máis de 140 alumnos participantes comprobaron os pesos, medidas, baterías e frecuencias dos aparellos. A continuación, valéronse de drons para o lanzamento, baixo a coordinación e supervisión de Aeromedia. Logo desprazáronse ata o lugar onde descenderon os artefactos para recuperalos.
Segundo salientou Vila, o programa Cansat “contribúe a mellorar as competencias científicas do alumnado, ao tempo que os axuda a desenvolverse na resolución de retos tecnolóxicos.”
Os centros e equipos participantes son os que citamos de seguido:
Arteixo
IES Manuel Murguía
Cosmurguía
Betanzos
CPR Plurilingüe Nuestra Señora Carmen
NOE
Cariño
IES Cabo Ortegal
PixinSat
Coruña, A
CPR Compañía de María
CMCSAT24
Ferrol
CPR Ayala
AyalaSAT
Muxía
IES Ramón Caamaño
Muxía en órbita
Noia
IES Virxe do Mar
Lata espacial
Ortigueira
IES de Ortigueira
TecnoOrtigueira
Pontes de García Rodríguez, As
IES Castro da Uz
Uzspace
Burela
IES Perdouro
Foghete Pataqueiro-73X
Lugo
IES Leiras Pulpeiro
LASA/Tecno-Leiras
Mondoñedo
IES Plurilingüe San Rosendo
MINDOROCKETSAT
Gudiña, A
CPI Laureano Prieto
Club de Ciencias Laureano Prieto
Ourense
IES O Couto
As programadoras do Couto/Frutilla
Caldas
IES Aquis Celenis
AquisSat3/AquisSat4
Vigo
IES Álvaro Cunqueiro
Panoramix VII/CoiaSat
Vigo
IES República Oriental do Uruguai
Rousat-1
Vigo
CPR Las Acacias
Las Acacias SAT
Vigo
CPR Montecastelo
MontecasteloSAT
20240423lanzamentosatelitescansatcerceda_3.jpgTras o lanzamento deste 23 de abril, o día 26 desenvolverase un evento para presentar os resultados dos proxectos, nos que se valorará a parte de programación e de construción de hardware, así como a parte de comunicación e difusión das propostas. O equipo gañador da fase autonómica representará a Galicia na fase nacional.
Un CanSat é unha simulación satélite integrada dentro dunha lata de refrescos. O desafío para o alumnado consiste en introducir nun espazo reducido os principais elementos dun satélite real, como a alimentación eléctrica, os sensores e o sistema de comunicacións. A continuación, lánzase o CanSat ou déixase caer desde unha plataforma mediante un dron, un globo cativo, un foguete ou calquera outro método. O experimento científico consiste en lograr unha aterraxe sen danos e a análise dos datos durante o descenso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?