Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 40 proxectos audiovisuais compiten por 15 prazas vacantes no Ames AV LAB
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

40 proxectos audiovisuais compiten por 15 prazas vacantes no Ames AV LAB

S. P.
Publicado: 23/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

proa_ameslab8.jpgO espazo colaborativo A Proa, no Milladoiro, acolleu este martes 23 de abril a primeira xuntanza da Comisión de Avaliación de candidaturas do Ames AV LAB, o laboratorio local para impulsar a nova produción audiovisual e, tamén, proxectos de Realidade Virtual e de novos formatos e contidos. Neste encontro, no que participaron representantes do Concello de Ames, a Deputación da Coruña e de tres destacadas empresas do sector audiovisual galego, realizáronse as primeiras entrevistas aos proxectos preseleccionados pola Comisión de Gobernanza, constituída o pasado mes de marzo.
A deputada provincial, Rosana García destacou a importancia da aposta que fai o Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña pois “Ames está a poñer en valor o seu sector audiovisual, pero o tamén o espazo colaborativo do coworking do Milladoiro, que é onde van traballar os proxectos que saían elixidos”. Pola súa parte a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, apuntou a que “con este proceso selectivo estamos un paso máis preto de ver un proxecto audiovisual nado no Ames AV Lab”.
Despois de varias sesións, a comisión elixirá un máximo de 15 proxectos, baseándose na información solicitada a través dos formularios e nas entrevistas presenciais, poñéndose en relación tal información cos criterios de valoración establecidos nas bases da convocatoria.
O peche da convocatoria, o pasado 12 de abril, tivo unha gran acollida por parte de todos os actores da industria audiovisual galega, xerando un total de 40 proxectos presentados nesta primeira edición. De entre eles, os que superaron a fase de preselección hoxe foron entrevistados por unha Comisión de Avaliación no Espazo A Proa, no Milladoiro.
Os proxectos presentados abranguen unha ampla variedade de tipoloxías, desde longametraxes (de ficción e documental) e series, ata curtametraxes ou proxectos de animación en diferentes fases de desenvolvemento.
O Ames AV LAB é un laboratorio para o impulso da nova produción audiovisual dende o Concello de Ames. Enmárcase dentro do Plan de Emprego Local, co-financiado pola Deputación Provincial da Coruña. Ames AV LAB concíbese como un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais.
Os destinatarios do proxecto son creadores do sector con proxectos non iniciados, en fase de creación ou desenvolvemento, que non teñan data de inicio de rodaxe prevista. Poderán participar proxectos de curtametraxes, longametraxes, series, documentais de creación ou participativos, narrativas inmersivas e de Realidade Virtual e outros contidos audiovisuais e de carácter dixital fundamentalmente narrativos, primando o ámbito local e provincial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?