Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha un proxecto tecnolóxico para combater a LGBTIfobia apoiado pola Deputación da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha un proxecto tecnolóxico para combater a LGBTIfobia apoiado pola Deputación da Coruña

S. P.
Publicado: 24/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lia_proxecto.jpgA Deputación da Coruña vén de achegar o seu apoio a un proxecto audiovisual e educativo contra a LGBTIfobia cuxo núcleo central é a divulgación e a sensibilización a través das redes, de feito inclúe un vídeo de animación en galego para as novas xeracións e, tamén, unha unidade didáctica e obradoiros interactivos en centros educativos para promover a diversidade e a inclusión. Trátase do proxecto LÍA, desenvolvido por Promove. Foi seleccionado pola Deputación da Coruña na convocatoria do programa de subvencións destinado á produción de proxectos singulares de especial interese cultural na provincia durante o ano 2023.
O proxecto, que se está a desenvolver actualmente, é o resultado da colaboración entre diferentes organizacións activistas en temática LGBTIQ+ (Avante LGBT+, Amizando, ALAS A Coruña e Gotas) e centros educativos (CEIP Valdexería en Muros, CEIP Quiroga Palacios, CIFP Compostela, IES Lamas de Abade, IES de Sar, IES Xelmirez I en Santiago, e CIFP Leixa en Ferrol), ademais de contar coa colaboración da compañía de teatro Chévere a través da actriz Patricia de Lorenzo (voz narradora do vídeo) e o apoio da Deputación da Coruña. O propósito é crear unha ferramenta educativa que axude a promover unha cultura de respecto e empatía nos espazos educativos e na sociedade en xeral.
O corazón deste proxecto é un vídeo educativo que aborda como o reforzo dos roles e estereotipos de xénero ao longo da infancia pode promover actitudes e comportamentos LGBTIfóbicos e que se pode visualizar a través da web de Promove. Preténdese así sinalar que “a violencia contra as persoas LGBTI non é o resultado dunha maldade inherente ás persoas senón dunha suma de condicionantes sociais e culturais de carácter patriarcal”. Este vídeo será distribuído de balde a todos os centros educativos da nosa comunidade que o soliciten, coa finalidade de ser utilizado en actividades de sensibilización e debate.
Ademais do vídeo, tamén se organizan talleres interactivos nos centros educativos, nos que profesionais especializados en educación e diversidade imparten charlas e dinámicas participativas. Estes obradoiros ofrecen “un espazo seguro e respectuoso para que o alumnado poida expresar as súas dúbidas e inquedanzas, así como para promover a reflexión crítica sobre a importancia do respecto á diversidade”, sinalaron dende Promove e a Deputación, engadindo que a través desta iniciativa “búscase non só sensibilizar ao alumnado, senón tamén apoderar ás comunidades educativas para que promovan unha cultura de respecto e inclusión en todos os ámbitos da vida escolar”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?