Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA e o CiTIUS acollen este 25 de abril o Día das Rapazas nas TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA e o CiTIUS acollen este 25 de abril o Día das Rapazas nas TIC

S. P.
Publicado: 24/04/2024
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

dia_das_rapazas_nas_tic-6.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza o Día Internacional das Rapazas nas TIC 2024 (International Girls in ICT Day) co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), a Secretaría Xeral da Igualdade e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS). Esta duodécima edición, o evento, destinado a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional, celébrase este xoves 25 de abril de 10:45 a 19:00 horas na sede do CESGA e do CiTIUS (Campus Vida de Santiago).
A actividade, destinada ao alumnado de primaria e secundaria de Galicia, comezará pola mañá, de 10:45 a 12:30 horas, cunha multiconferencia web, que se retransmitirá por streaming, na que participarán profesionais galegas que contarán, dun xeito ameno e polo miúdo, a súa traxectoria, no que traballan, e o que a tecnoloxía pode aportar en diversos eidos para mellorar a sociedade. Participarán nunha mesa redonda, moderada pola coordinadora da Área de eLearning do CESGA, María José Rodríguez Malmierca, catro destacadas tecnólogas galegas que traballan e investigan en ámbitos relacionadas coas novas tecnoloxías, desde perspectivas moi distintas: Antía Fernández, Lorena Fernández, Olalla Rama e Noemí Basanta.
Antía Fernández López é enxeñeira de Telecomunicación e Máster en Docencia Telemática pola Universidade de Vigo (UVigo) e MBA pola Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE). Desde 2008 traballa en proxectos de I+D para diferentes sectores en Gradiant (Centro Tecnolóxico de Telecomunicaciones de Galicia). As súas áreas de traballo van desde a ideación, á execución, xestión de proxectos, xestión da área tecnolóxica e desenvolvemento de negocios, ademais de ter experiencia en tecnoloxías en torno a datos, con énfase en intelixencia artificial, conectividade e ciberseguridade.
Lorena Fernández Fernández estudou Matemáticas na Universidade de Santiago (USC) e completou os seus estudos cun Máster en Matemática Industrial na UVigo. Traballou no Grupo de Enxeñaría Integrada da Universidade da Coruña (UDC). Posteriormente, traballou no Centro Nacional de Energías Renovables, en Pamplona, en proxectos de investigación co obxecto de resolver problemas de interese académico e industrial na área da dinámica de fluídos con sistemas informáticos de rendemento. Actualmente, traballa no CESGA como técnico superior de investigación na liña de aplicación da Intelixencia Artificial á produción industrial.
Olalla Rama García licenciouse en Informática pola UDC, cun Máster en Ciberseguridade. A súa carreira profesional comezou a vincularse ao campo da ciberseguridade, especificamente orientada ao pentesting. Actualmente desenvolve funcións relacionadas coa análise e xestión de vulnerabilidades nun proxecto da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, destinado á mellora da ciberseguridade das entidades locais de Galicia. Ademais, participa activamente en competicións CTF (Capture The Flag) que poñen a proba os seus coñecementos e habilidades como hacker.
Noemí Basanta Cheda é licenciada en Arquitectura pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, con especialidade en Urbanismo. Despois de pasar por diferentes estudos de arquitectura e deseño de escenografía, comezou a traballar en Parques Infantís Galopín, desenvolvendo propostas de espazos de xogo infantil ao redor do mundo. Ten quince anos de experiencia nesta complexa actividade de intervir no espazo público para un usuario tan sensible como a nenez, con influencia directa na sociedade.
credencial_ruta_das_exploradoras_dixitais-2.jpg A xornada continuará pola tarde, de 17:00 a 19:00 horas, cunha actividade extraescolar para que rapazas e rapaces de primaria e secundaria da zona compostelá descubran a actividade en torno á tecnoloxía que se desenvolve no CESGA e no CiTIUS, con visitas didácticas ao supercomputador FinisTerrae III e ao ordenador cuántico de Galicia, Qmio, e demostracións das tecnoloxías máis actuais coas que se traballa nestes centros.
Ademais, esta actividade completarase cun percorrido polo Campus Vida da USC, entre o CESGA e o CiTIUS, onde os estudantes poderán coñecer os referentes históricos e actuais do mundo da tecnoloxía, descubrindo os logros tecnolóxicos conseguidos polas mulleres no ámbito das TIC da man de científicas de ambos centros. Ada Lovelace ou Ada Bryron, a primeira programadora da historia, guiará aos estudantes neste percorrido teatralizado. Todos aqueles que completen con éxito esta Ruta das exploradoras dixitais recibirán unha credencial de recordo, a CompoSTEMla, así como un agasallo sorpresa.
Os estudantes coñecerán a traxectoria profesional de mulleres referentes no ámbito tecnolóxico como Ángela Ruíz Robles, mestra en Ferrol apaixonada da tecnoloxía que ideou e patentou unha enciclopedia mecánica, considerada o primeiro libro electrónico da historia; Gladys Mae West, a matemática detrás do GPS; Ada Lovelace, máis coñecida como Ada Byron, matemática e escritora británica do século XIX, considerada a primeira programadora da historia célebre polo seu traballo sobre a computadora mecánica; Grace Hooper, matemática que inventou un tradutor para que as máquinas puideran entender as instrucións das persoas; Margaret Hamilton, primeira enxeñeira de software da historia, peza principal no equipo de tecnoloxía da misión astronáutica máis importante de todos os tempos, Apolo 11; e Hedy Lamarr, enxeñeira autodidacta, ademais de actriz de Hollywood, que na II Guerra Mundial inventou un sistema de comunicación secreto que deu lugar á Wi-Fi, GPS e Bluetooth actuais. Tamén participarán tecnólogas do CESGA como a enxeñeira en telecomunicacións Natalia Costas; a doutora en tecnoloxía educativa María R. Malmierca; a matemática Lorena Fernández; a enxeñeira informática Cecilia Grela; e a investigadora do CiTIUS Albina Sarymsakova.
Ademais, colaboran nesta edición da efeméride a Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT-Gal), a Asociación PuntoGAL, a Universidade de Santiago (Facultade de Ciencias da Educación, Oficina de Igualdade e Woman Emprende) a Facultade de Informática da Universidade da Coruña, a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Hello Sisters! e GalsTech.
O CESGA coordina desde 2012 o Proxecto Europeo ICT-Go-Girls!, Promoting Entrepreneurship among secondary School Girls through ICT (Promoción do emprendemento das rapazas de secundaria a través das TIC), que deseñou e testou unha metodoloxía innovadora para loitar contra a escaseza de vocacións tecnolóxicas entre as rapazas europeas. Esta acción está reforzada coa iniciativa galega Rapazas Emprendedoras nas TIC na que colabora o CPEIG no marco do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, baixo a coordinación da Secretaría Xeral da Igualdade, dirixida ás rapazas de primeiros anos de secundaria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?