Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medio cento de xuristas do eido lusófono debateron na UVigo os impactos da IA no Dereito
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medio cento de xuristas do eido lusófono debateron na UVigo os impactos da IA no Dereito

S. P.
Publicado: 25/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_xuristas_intelixencia_artificial_brasileiro1.jpgAlgo máis de medio cento de xuristas hispano-brasileiros participaron esta semana na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo no III Foro Xurídico Brasileiro, unha cita que trouxo ao Campus de Vigo o debate arredor do impacto que a Intelixencia Artificial (IA) ten no Dereito. Chegados de diferentes universidades de Brasil, Portugal e da propia Universidade de Vigo o encontro conta cun extenso programa no que se afondou en temáticas tan variadas como variados son os impactos da IA no Dereito.
Protección de datos e desafíos do poder xudicial, novos retos para o dereito electoral, consecuencias para a liberdade de expresión e pensamento, propiedade industrial no mundo virtual ou novas perspectivas para o mundo do traballo son algún dos temas que se trataron ao longo deste luns e martes, 22 e 23 de abril.
“Con este encontro queremos crear un espazo multidisciplinar no ámbito xurídico para o intercambio das investigacións e experiencias profesionais relacionadas cos avances tecnolóxicos da sociedade da información e coa protección dos dereitos fundamentais”, explica a profesora María Hylma Alcaraz, xunto a Juan Antonio Hernández Corchete, Noemí Gestoso e María José Bravo Bosch, os catro docentes responsables na UVigo do comité organizador, equipo do que tamén forman parte outros tantos investigadores brasileiros pertencentes á Universidade Estadual de Santa Cruz, Universidade Federal de Bahía, Universidade do Estado de Bahía ou a Orde dos Avogados de Brasil.
A apertura do encontro, celebrada este luns 22, contou coa participación da profesora María José Bravo Bosch, en representación do equipo de goberno da Universidade de Vigo; o decano do centro, Francisco Torres; Gabriela Sousa Rego Pimentel, proreitora da Universidade do Estado de Bahía; Clodoaldo Silva da Anunciaçao, en representación da Universidade Estadual de Santa Cruz, e Juan Antonio Hernández Corchete, en nome do comité organizador.
“Esta actividade ten un valor adicional en termos de transferencia de coñecemento á sociedade e de colaboración con prestixiosas entidades profesionais, como a Asociación de Maxistrados de Bahía e a Asociación do Ministerio Público de Bahía, así como de outras entidades universitarias brasileiras e portuguesas”, explicou o profesor Hernández Corchete, quen fixo fincapé na importancia deste tipo de actividades no proceso de internacionalización da Universidade de Vigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?