ConsumES e UCGAL (Unión de Consumidores de Galicia) achegan este xoves 25 de abril, a partir das 11.30 horas, unha xornada informativa centrada nas cousas que podemos poñer en práctica as persoas usuarias de novas tecnoloxías para termos navegacións máis seguras e protexidas de estafas, fraudes, roubos, calotes e suplantacións. O foro O Consumidor ante a ciberdelincuencia ofrecerase de xeito virtual, en directo, dende a canle de Youtube de ConsumES.
A sesión forma parte do programa conxunto de xornadas das dúas entidades: o Ciclo de Foros. Así, tras abordar o cártel dos coches e os abusos nos seguros, nesta terceira edición abórdanse os cada vez máis frecuentes casos de ciberdelincuencia que afectan a moitas persoas consumidoras..
O terceiro dos foros celébrase en Santiago de Compostela o día 25 de abril de 2024 no salón de plenos do Consello Económico e Social de Galicia, e, como dixemos, retransmitirase en directo a través da Rede.
Letrados das distintas organizacións que compoñen ConsumES abordarán as problemáticas máis frecuentes ás que se enfrontan moitas persoas consumidoras como consecuencia de prácticas delitivas e outros calotes habituais no actual mundo dixital.
Posteriormente, representantes do eido xudicial, da fiscalía, técnicos en ciberseguridade e responsables xurídicos de entidades financeiras abordarán as responsabilidades de todas as persoas implicadas neste tipo de enganos.
Os riscos da ciberdelincuencia, ao detalle este xoves pola mañá nun novo foro de ConsumES e UCGAL
Compartir Este Artigo

