Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: PromovELAS móstranos en dúas sesións os segredos da promoción dixital de contidos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

PromovELAS móstranos en dúas sesións os segredos da promoción dixital de contidos

S. P.
Publicado: 26/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

promovelas.jpgO luns 29 de abril, ao abeiro do ciclo PromovELAS, celebrarase unha mesa redonda con tres profesionais do sector audiovisual centrada na importancia do traballo promocional. A xornada, que se desenvolve baixo o epígrafe Fomentando a promoción de perfís femininos no sector audiovisual, vaise complementar o vindeiro 6 de maio cunha clase maxistral a cargo de Chelo Loureiro, gañadora do Goya 2024 á mellor curtametraxe de animación por To bird or not to bird, tamén encadrada en PromovELAS.
Dúas actividades
Nun esforzo por promover a igualdade de xénero e destacar o papel fundamental das mulleres na industria audiovisual, o alumnado de Creación dixital, Animación e Videoxogos, levará a cabo o programa PromovELAS na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. Haberá dúas sesións, sendo a primeira unha mesa redonda e a segunda unha masterclass. Ambas estarán enfocadas cara o ámbito da promoción e a súa importancia no traballo das participantes.
A mesa redonda contará coa presenza de Cristina García, Virginia Curiá e Isabel. Será o luns 29 ás 17:00 horas. A sesión ofrecerá un espazo de diálogo no que se falará do traballo das tres relatoras e da súa situación dentro do sector audiovisual, así como da maneira de promover o seu traballo e o impacto que isto ten na súa traxectoria profesional. Deste xeito, Virginia Curiá (animadora, directora e guionista en Algarabía Animación), Cristina García (deseñadora en Merge Games Ltd) e Isabel Díaz (TD en Skydance Animation e enxeñeira de software en Nomasystems S.L.) compartirán a súa experiencia e visión, así como métodos e consellos para promocionarse e dar a coñecer o seu traballo. A mesa redonda durará ata as 18:00h e ofrecerá un espazo aberto, no que, en contacto directo co público, resolveranse posibles dúbidas.
A clase maxistral con Chelo Loreiro celebrarase baixo o título Entre frames e contactos: Networking con Chelo Loureiro e será o 6 de maio ás 17.00 horas no salón de graos da Facultade de Ciencias da Comunicación (Campus de Elviña). Loureiro falará da súa traxectoria profesional no ámbito audiovisual, brindando consellos prácticos e motivación para aquelas persoas que buscan introducirse no mercado laboral e comezar o seu camiño neste sector.
O evento será gratuíto e aberto ao público ata completar o aforo. Convídase a participar a todas as persoas interesadas, tanto dentro como fóra da comunidade universitaria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?