Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vigo será a capital da innovación e investimento coa celebración de The Way Startup Summit
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vigo será a capital da innovación e investimento coa celebración de The Way Startup Summit

S. P.
Publicado: 26/04/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

way_zona_franca.jpgThe Way Startup Summit celebrarase en Vigo o 9 e o 10 de maio e acollerá na súa axenda, entre outras actividades, o Investor´s Day da sétima edición de ViaGalicia, o programa de aceleración de startups promovido polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia. O programa tamén inclúe máis de 50 pitch de novas firmas innovadoras, máis de 100 relatores, máis de 800 participantes presenciais e máis de 1.000 asistentes en formato online. Será, en palabras Zona Franca, “o maior foro de emprendemento, innovación e investimento no noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional”.
The Way Startup Summit presentouse este venres 26 de abril na sede do Consorcio da Zona Franca de Vigo, colaborador principal, coa presenza do delegado do Estado no Consorcio, David Regades; do alcalde de Vigo e presidente de Zona Franca, Abel Caballero; así como do coordinador e promotor deste congreso, Lalo García.
O programa de The Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e se propicien sinerxías entre eles.
The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das tecnoloxías financeiras (fintech), da mobilidade, da alimentación, do comercio retallista, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.
Entre outras grandes iniciativas, The Way Startup Summit acollerá na súa axenda a celebración do Investor´s Day da 7.ª edición de ViaGalicia, que terá lugar o xoves, 9 de maio, na sede do Consorcio da Zona Franca de Vigo. O Investor´s Day constitúe o acto de peche do programa de aceleración e pon o broche final aos doce meses de formación e asesoramento dos proxectos participantes nesta edición. Neste evento as startups darán a coñecer as súas innovadoras propostas e defenden os seus proxectos ante un recoñecido panel de investidores, fondos de investimento e potenciais socios industriais. “Este encontro promovido desde ViaGalicia constitúe a ocasión perfecta para que as startups aceleradas gañen visibilidade e alcancen novas vías de financiamento para escalar e aumentar o seu potencial de crecemento”, sinalou Regades.
Entre as propostas aceleradas nesta sétima edición destacan os proxectos que apostan pola sustentabilidade, en sintonía cos ODS da axenda 2030, como poden ser no sector de alimentación ODS Protein, Minimelis ou Vanetta Food; pero tamén sectores como o téxtil con BeFlamboyant ou Ara de Rey. As TIC e as súas aplicacións a diversos sectores seguen sendo outro dos principais referentes do programa, como o caso de ByRoomNumber, Festigaleiros, Cuotalis ou Suite ACRE. Tamén neste ámbito, cobran forza os desenvolvementos aplicables á automoción e á mobilidade, con proxectos como GoTrucki, Breiko Breiko ou Soul Auto. Completan esta lista, iniciativas de marcado carácter industrial como Vancubic ou Neutron Insights.
Innovación en estado puro
Segundo fixeron saber, The Way Startup Summit contará coa presenza das novas firmas máis innovadoras do noroeste peninsular, c”reando a mellor contorna para que poidan acceder aos máis de 100 investidores, business angels e family offices que participarán no evento. Nel participarán proxectos de emprendemento apoiados por Conector Startup Accelerator, Cancer Innova – Business Factory Medicines, Abanca Innova, Business Factory Food, Business Factory Aero, Business Factory Auto, High Tech Auto, Galicia Sports 360 – Factoría do Deporte Galego, ViaGalicia, Bioga, Turislab e Seedrocket.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?