Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Estudantes e profesores da USC achegan un mapa interactivo con máis de trescentos materiais didácticos: GALIMAP
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Estudantes e profesores da USC achegan un mapa interactivo con máis de trescentos materiais didácticos: GALIMAP

S. P.
Publicado: 02/05/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

presentacion_usc_galimap.jpgCo obxectivo de facilitar o traballo das persoas profesionais da educación social, profesores e estudantes da USC impulsaron un proxecto nun mapa interactivo que reúne máis de trescentos materiais de todo tipo, dende libros e contos ata cadernos de campo e guías didácticas, pasando por aplicacións móbiles e xogos. Estamos a falar de GALIMAP, escolma innovadora de materiais didácticos elaborados por persoas e institucións de Galicia para seren empregados como recursos educativos por profesionais da educación, especialmente da Educación Social. Presentouse esta semana na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago.
O proxecto GALIMAP: Mapa interactivo dos Materiais Didácticos Sociocomunitarios dos Concellos de Galicia. Unha proposta dende a Educación Social xorde no marco da primeira convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa dirixida ao profesorado da Facultade de Ciencias da Educación da USC e estivo liderado polos docentes Jesús Rodríguez Rodríguez, Josefa del Carmen Fernández de la Iglesia, Silvia López Gómez e Ana Rodríguez Guimeráns.
O mapa compleméntase coa páxina web do proxecto, vídeos e diferentes contidos en redes sociais e xogos dixitais.
A selección dos materiais foi realizada polo alumnado da materia Experiencias e Recursos en Educación Social e os recursos para a difusión deste proxecto son obra do alumnado de Tecnoloxía Educativa, ambos os dous do segundo curso do Grao en Educación Social da USC.
A presentación, presidida pola vicedecana da Facultade de Ciencias da Educación, María López Sández, contou tamén coa participación do profesorado das materias, das alumnas Raquel Blanco e Laura Manuela Cernadas, das profesoras da Universidade de Vigo Sara Martínez Carrera e María Cristina Sánchez Martínez e de Montse Sánchez en representación do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
Entre as persoas asistentes, ademais de alumnado acudiu profesorado do centro, gran parte do equipo decanal e representantes doutras institucións como Nova Escola Galega e o grupo Cavila.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?