Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A investigadora do CITIC Minia Manteiga, nova presidenta da Sociedade Española de Astronomía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A investigadora do CITIC Minia Manteiga, nova presidenta da Sociedade Española de Astronomía

S. P.
Publicado: 19/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

minia_manteiga_sea_1200-1000x656.jpgA investigadora do CITIC (Centro de Investigación TIC) e catedrática da UDC, Minia Manteiga, foi nomeada nova presidenta da Sociedade Española de Astronomía (SEA) na asemblea xeral celebrada este pasado xoves, 18 de xullo en Granada. A astrofísica e catedrática da UDC pasa a presidir unha institución que agrupa a 950 profesionais da astronomía (incluíndo ao redor de 625 doutores en astrofísica e uns 280 membros júnior), unha entidade da que xa era vicepresidenta.
Minia Manteiga Outeiro é catedrática de Astronomía e Astrofísica na Universidade da Coruña, onde lidera un grupo que desde hai anos contribúe á elaboración do arquivo da misión Gaia, creando ferramentas para a análise e explotación dos datos do satélite. A súa traxectoria profesional comezou no Instituto de Astrofísica de Canarias, onde realizou a súa tese doutoral en evolución estelar mediante o estudo de cúmulos estelares.
Ademais, foi investigadora posdoutoral no Istituto di Astrofísica Spaziale en Frascati (Roma) e no Laboratorio de Astrofísica Espacial e Física Fundamental (LAEFF, INTA), xerme do actual Centro de Astrobiología. Posteriormente trasladouse á universidade, sendo docente na Universidade de Vigo para logo pasar á Universidade da Coruña, a súa actual institución.
En 2020 foi nomeada académica numeraria da Real Academia Galega de Ciencias, desde onde realiza unha actividade intensa de divulgación da astronomía en Galicia. Foi colaboradora da Axencia Estatal de Investigación na subárea Espacio, e actualmente é coordinadora da subárea Astronomía e Astrofísica.

“Compartir a ciencia do ceo”

Foto de grupo de SEA
Foto de grupo de SEA
“Asumo o reto de presidir a Sociedade Española de Astronomía con agradecemento pola confianza da sociedade e con ganas de continuar co labor de afianzamento do noso colectivo como unha sociedade cohesionada que achega aos seus socios e socias instrumentos para compartir a ciencia do ceo, incidindo especialmente en prestar apoio ao persoal investigador novo”, afirmou ao aceptar o novo cargo, engadindo que “a SEA non só serve como vehículo para difundir información de interese xeral, é tamén un foro de encontro que pode servir para mover vontades ao redor de ideas ou proxectos ilusionantes, como o é a realización cada dous anos da nosa Reunión Científica. As persoas que formamos a SEA somos diversas e iso enriquécenos e fainos mellores. Somos máis de 1000 membros entre persoal investigador consolidado, persoal novo en formación, membros asociados, e astrónomos e astrónomas xubilados”.
Minia Manteiga accede ao cargo tras ser vogal da xunta da SEA e ostentar o cargo de vicepresidenta durante os últimos 4 anos. “Servir a esta sociedade tan ampla é un gran reto, pero a experiencia dos últimos anos fíxome ver que é unha responsabilidade moi gratificante desde o punto de vista humano, e unha gran fortuna desde o punto de vista profesional, o que me fai sentirme moi orgullosa”, sinalou.
Tamén se produciron cambios noutros cargos da xunta da Sociedade Española de Astronomía. A vicepresidencia estará a cargo de José Manuel Vílchez (IAA-CSIC) e Míriam Cortés Contreras (UCM) asume a tesourería que deixa Ramón Oliver Herrero (UIB). Consuelo Cid Tortuero (UAH) e Sergio Simón Díaz (IAC) serán novos vocais. Os cargos serán efectivos o 1 de xaneiro de 2025.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?