O diario Expansión adianta que Telefónica e MasOrange pecharon un acordo para que MasOrange poida acceder á infraestrutura de fibra óptica ata o fogar de Telefónica como se fose propia durante varias décadas a un prezo vantaxoso, o que suporía que MasOrange deixe de realizar investimentos no espallamento da súa rede de fibra óptica en España.
O acordo facilitaría o acceso a 3,5 millóns de fogares con cobertura de Movistar, pero non como un simple aluguer, senón que supón que MasOrange asumiría parte dos gastos operativos e de mantementos da rede nesas zonas, coa vantaxe de non ter que asumir o risco de facer unha despregadura de fibra que non resulte rendible.
Para Telefónica este tipo de acordo tamén resulta beneficioso, ao garantir a contratación de MasOrange, que nalgunhas zonas podería optar por outras compañías con rede propia.
MasOrange pecha un novo acordo para facer uso da rede de fibra de Telefónica
Compartir Este Artigo

