Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A EGAP, a AMTEGA e o CPEIG inauguran un novo curso superior de eAdministración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A EGAP, a AMTEGA e o CPEIG inauguran un novo curso superior de eAdministración

S. P.
Publicado: 17/09/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

20240917_egap_curso_administracionelectronica.jpgA Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu na mañá deste 17 de setembro a inauguración da XIV edición do Curso Superior de Administración Electrónica para reforzar a formación de 70 empregados públicos, cunha duración de 111 horas lectivas.
Este curso, convocado pola Escola Galega de Administración Pública en colaboración directa coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA e o Colexio Profesional de Enseñaría en Informática de Galicia (CPEIG), ten como obxectivo “ofrecer unha formación completa, actualizada e de calidade en materia dixital, que permitirá aos empregados públicos coñecer o desenvolvemento normativo que regula a Administración Dixital e as súas ferramentas”, sinalou a directora da Escola, Sonia Rodríguez-Campos, quen destacou que este curso “pretende mellorar as competencias do persoal público nesta materia e para que poidan asumir con facilidade novos procedementos de traballo, o que contribuirá a conseguir unha Administración máis eficiente, eficaz, transparente, accesible e próxima”.
Sonia Rodríguez-Campos indicou que a eAdministración é unha demanda desde o momento en que “todos os cidadáns son potenciais usuarios dela directa ou directamente en calquera dos seus ámbitos, local, autonómico ou estatal e esixen uns servizos de calidade sen distinción do nivel administrativo”. Ademais, lembrou a importancia que ten a formación no uso de medios electrónicos dentro dos plans formativos da Escola, tanto para o persoal público como para os cidadáns. Seguindo este fío destacou os cursos superiores en ciberseguridade e protección de datos e as xornadas de formación práctica dixital (e-martes).
Pola súa banda, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, enxalzou a colaboración coa EGAP e, no caso deste curso, co Colexio Oficial de Enseñaría Informática de Galicia, na formación continua e actualización dos coñecementos sobre tecnoloxías do persoal empregado público. Cerviño lembrou que en 2023 desenvolvéronse 144 accións formativas en materia de capacitación dixital, Administración Electrónica e ciberseguridade, con máis de 5.000 horas impartidas.
A maiores, o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, afirmou que co curso “preténdese dotar aos empregados públicos das ferramentas necesarias para seren líderes da dixitalización nos seus postos de traballo, adquirindo coñecementos técnicos, comprendendo como a dixitalización pode transformar a forma na que se ofrecen servizos á cidadanía e como podemos mellorar a eficiencia das institucións”.
Engadiu que “o futuro da Administración pública galega pasa pola dixitalización, sempre coa cidadanía no centro do traballo público para mellorar a súa calidade de vida e facer que os servizos públicos sexan máis accesibles, eficientes e transparentes. Xuntos podemos seguir construíndo unha Galicia máis moderna, máis próxima á cidadanía e máis eficiente na xestión pública”.
O presidente do CPEIG describiu a Administración Electrónica como unha realidade concreta e unha necesidade que aportará á sociedade unha verdadeira transformación cultural, organizativa e legal a través da dixitalización dos procesos, a automatización de trámites e a mellora da interacción entre a Administración e a cidadanía. Así, destacou que os retos da eAdministración son a brecha dixital, co desafío de conseguir que a transformación dixital sexa inclusiva; a ciberseguridade, para protexer a información sensibel da cidadanía e os recursos das administracións; a resistencia ao cambio, procurando que os traballadores públicos abracen esta dixitalización, e a adaptación normativa.
A pesar destes desafíos, Suárez indicou que os beneficios da Administración “son aínda maiores”, destacando “a eficiencia na xestión; a accesibilidade con servizos públicos dispoñibles as 24 horas do día e os sete días da semana; a transparencia e a redución de custos”. Porén, asegurou que o fundamental é o rol dos funcionarios públicos como líderes da transformación dixital, responsables de “promover a cultura da dixitalización, garantir que a cidadanía poida acceder aos servizos de maneira segura e eficiente, e estar sempre dispostos a aprender e adaptarse ás novas tecnoloxías”.
Trala inauguración, Miguel Ángel Amutio, ofreceu o relatorio maxistral sobre o presente e futuro da Administración electrónica.
O secretario xeral do Consello Consultivo de Galicia, José Ángel Oreiro Romar; o xefe da subárea de seguridade da AMTEGA, Gustavo Herva Iglesias; Carmen García Álvarez, especialista en Innovación Administrativa e Transformación Dixital na Dirección Xeral de Estratexia Dixital e Intelixencia Artificial do Principado de Asturias, e a secretaria da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, Elena Barba Pan, serán algúns dos relatores.
O curso, de modalidade mixta con sesións de telepresencia e presenciais, durará sete semanas ata o 29 de outubro e afondará sobre materias específicas como o réxime xurídico da Administración Dixital, a sede e o rexistro electrónico, a cooperación interadministrativa, a seguridade da información, a automatización de procesos, a licitación e factura electrónicas, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?