Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Comisión Europea inicia o procedemento para esixir a Apple unha maior interoperabilidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Comisión Europea inicia o procedemento para esixir a Apple unha maior interoperabilidade

Redacción
Publicado: 19/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ue_dma_p063496-363103.jpgA Comisión Europea anunciou no mes de marzo que estaba a investigar incumprimentos por parte de Apple e outras compañías da Lei de Mercados Dixitais (DMA), e agora confirman o inicio de dous procedementos de especificación para axudar a Apple a cumprir coas súas obrigas de interoperabilidade baixo a Lei de Mercados Dixitais, que esixe a Apple proporcionar unha interoperabilidade libre e efectiva a desenvolvedores e empresas de terceiros cos compoñentes de hardware e software controlados polos sistemas operativos de Apple, iOS e iPadOS, designados baixo a DMA.
Os procedementos de especificación formalizan o diálogo regulador da Comisión con Apple en certas áreas específicas do cumprimento por parte de Apple da DMA. No marco da Lei a Comisión pode, por iniciativa propia, adoptar unha decisión que especifique as medidas que un gardián de acceso debe implementar para garantir o cumprimento efectivo das obrigas substanciais da DMA, como a obriga de interoperabilidade.
O primeiro procedemento céntrase en varias funcionalidades e características de conectividade de iOS, predominantemente usadas para e por dispositivos conectados. Os dispositivos conectados son un grupo variado, amplo e comercialmente importante de produtos, que inclúe reloxos intelixentes, auriculares e cascos de realidade virtual. As empresas que ofrecen estes produtos dependen dunha interoperabilidade efectiva cos teléfonos intelixentes e cos seus sistemas operativos, como iOS. A Comisión pretende especificar como Apple proporcionará unha interoperabilidade efectiva con funcionalidades como as notificacións, o emparellamento de dispositivos e a conectividade.
O segundo procedemento céntrase no proceso que Apple puxo en marcha para abordar as solicitudes de interoperabilidade presentadas por desenvolvedores e terceiros para iOS e iPadOS. É crucial que o proceso de solicitudes sexa transparente, oportuno e xusto para que todos os desenvolvedores teñan un camiño efectivo e previsible cara á interoperabilidade e poidan innovar.
A Comisión concluirá os procedementos dentro de 6 meses dende a súa apertura. No transcurso destes procedementos, a Comisión comunicará as súas conclusións preliminares a Apple, onde explicará as medidas que o gardián de acceso debería tomar para cumprir de forma efectiva coa obriga de interoperabilidade da DMA. Publicarase un resumo non confidencial das conclusións preliminares e das medidas previstas para que terceiros poidan proporcionar os seus comentarios.
Estes procedementos lévanse a cabo sen prexuízo das facultades da Comisión para adoptar unha decisión que estableza o incumprimento de calquera das obrigas previstas na DMA por parte dun gardián de acceso, incluíndo a posibilidade de impoñer multas ou pagamentos periódicos de sancións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?