Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O centro atlanTTic amosa o seu potencial aeroespacial en eventos internacionais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O centro atlanTTic amosa o seu potencial aeroespacial en eventos internacionais

S. P.
Publicado: 18/10/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Integrantes do grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais co director da Agencia Espacial Española, Juan Carlos Cortés
Integrantes do grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais co director da Agencia Espacial Española, Juan Carlos Cortés
Persoal investigador do centro atlanTTic da Universidade de Vigo participa esta semana no Congreso Internacional de Astronáutica (IAC2024) en Milán e no Simposio de Drons en Pisa. Estes eventos internacionais son “claves para o futuro do sector aeroespacial”, informaron fontes do centro, engadindo que “serven de plataforma para presentar os avances máis innovadores levados a cabo na UVigo e tamén para consolidar relacións estratéxicas e reforzar o seu liderado no desenvolvemento de novas tecnoloxías espaciais”.
Na entrada do congreso IAC2024 Diz, Camaño, Aguado, Navarro e Gómez
Na entrada do congreso IAC2024 Diz, Camaño, Aguado, Navarro e Gómez
O IAC2024, organizado pola Federación Internacional de Astronáutica (IAF), reúne os actores con maior influencia no sector do espazo, desde grandes axencias como a NASA e a ESA, ata empresas e universidades de todo o mundo. Investigadores de atlanTTic e algúns membros da asociación de estudantes UVigo SpaceLab, amosaron neste encontro algúns dos proxectos que están a desenvolver en ámbitos como a exploración lunar, a mellora das comunicacións ópticas e o uso de drons.
Un dos proxectos presentados foi A4UC, do que o investigador e profesor Fernando Aguado, líder do Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais de atlanTTic, amosou os avances na investigación sobre a propagación de sinais en covas lunares e o desenvolvemento dunha antena para comunicacións dentro destas cavidades. Este traballo, realizado en colaboración coa Universidad de Oviedo e a empresa EOSOL, aborda un desafío técnico clave para as futuras misións de exploración lunar e tamén abre a porta a novas formas de comunicación en ambientes extremos, “algo esencial para a exploración planetaria”, explicou.
Este enfoque na exploración lunar ampliouse coa presentación de AMPERS, a cargo do investigador Fermín Navarro, un proxecto que aborda o desafío enerxético das misións lunares. Coa integración dun xerador termoeléctrico de radioisótopos (RTG) e paneis solares nun rover lunar, a UVigo, xunto ás universidades de Oviedo e Leicester, busca garantir a viabilidade enerxética de misións de larga duración na superficie lunar, un avance que sitúa á UVigo á vangarda das solucións tecnolóxicas sostibles para o espazo.
Membros de UVigo SpaceLab co seu patrocinador DHV
Membros de UVigo SpaceLab co seu patrocinador DHV
Pola súa banda, Alejandro Camanzo Mariño presentou os últimos avances en comunicacións ópticas vía satélite-terra, tecnoloxías que melloran a precisión do apuntamento entre satélites e estacións terrestres e optimizan as transmisións de datos, esenciais para as misión do futuro.
Ademais, a investigadora Uxía García Luis centrouse no proxecto educativo INOU, que ten como obxectivo construír unha estación de seguimento de satélites UHF no Campus de Ourense, reforzando as capacidades tecnolóxicas da UVigo e converténdoa “nun nodo clave para o seguimento satelital”.
Ademais da presentación destes proxectos, a delegación da Universidade de Vigo aproveitou o IAC2024 para fortalecer relacións no sector, avanzando en estratexias coa Axencia Espacial Española e outras empresas, fundamentais para o desenvolvemento de futuras liñas de traballo. O investigador Alejandro Gómez presentou avances en estudios termoelásticos, unha tecnoloxía crítica para o desenvolvemento de estruturas espaciais e destacou a importancia da colaboración público-privada neste ámbito e futuros proxectos en conxunto co IAC (Instituto de Astrofísica de Canarias).
Gullermo Calvo presentando o proxecto BIXO
Gullermo Calvo presentando o proxecto BIXO
Pola súa banda, Carlos Ulloa e Fermín Navarro representaron a atlanTTic no Simposio Internacional de Drons en Pisa, onde participaron na presentación do libro Applying drones to current societal and industrial challenges, en colaboración co profesor Diego Carou, editor principal da publicación. Este simposio foi unha oportunidade para debate sobre o impacto dos vehículos aéreos non tripulados e as novas tecnoloxías emerxentes, áreas nas que UVigo está posicionada para ser protagonista nos próximos anos.
O equipo de Uvigo SpaceLab, formado por Guillermo Calvo, Alfredo Ivorra e Pablo Fernández, tamén participou coa presentación do proxecto BIXO, que estuda o crecemento bacteriano no espazo, unha misión innovadora que ten o potencial de achegar coñecemento sobre a vida en condicións extremas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?