O operador de telecomunicacións R lanza o seu novo router Wi-Fi 7, que se incorpora nos paquetes de alto valor sen custo adicional (como é o Combo Infinito con Netflix e Max), buscando achegar unha maior velocidade de transmisión de datos, maior capacidade de conexión, maior aforro enerxético e maior seguridade.
Co estándar de comunicacións sen fíos Wi-Fi 7 pódense conseguir velocidades de transmisión de ata 30 Gbps, catro veces máis do que permite o Wi-Fi 6, incluíndo tamén melloras para evitar a conexións da rede cando se conectan moitos dispositivos á vez, reduce a latencia e tamén minimiza os cortes, pois emprega múltiplas bandas ao mesmo tempo.
Dende R aseguran que o Wi-Fi 7 é a solución ideal para gamers e para o streaming, ao reducir os retardos das conexións e conseguir velocidades máis elevadas, conseguindo conexións sen fíos moi semellantes ás que teriamos mediante cable, aínda que cómpre lembrar que para gozar destas prestacións é preciso contar con dispositivos recentes, que estean equipados con conectividade Wi-Fi 7.
R estrea router con Wi-Fi 7
Compartir Este Artigo

