Aínda que podemos ter a percepción de que a meirande parte dos usuarios que foxen de X/Twitter rematan en Bluesky, aseguran que o crecemento de Threads tampouco queca atrás, e nos 26 primeiros días de novembro tería experimentado 35 millóns de altas segundo declaracións do voceiro de Meta, Andy Stone.
Dado que o mes pasado Threads aseguraba ter superado os 275 millóns de usuarios activos, podemos entender non só que a estratexia de Meta con esta plataforma está a ser un acerto, senón tamén que Bluesky, con menos de 23 millóns de usuarios, estaría moi lonxe do volume de Threads, e incluso hai indicio de que a actividade en Bluesky leva preto dunha semana caendo, algo que podería explicarse polo mero feito de que os usuarios que veñen de chegar non desenvolveron unha rede de contactos ampla e nin unha fidelidade á plataforma, debéndose a súa migración dende X máis a un descontento polo xeito de manexar a compañía por parte de Elon Musk que polo atractivo de Bluesky (que aínda está en pleno desenvolvemento, polo que aínda está a tempo de introducir cambios importantes que poidan disparar a súa popularidade e reter aos usuarios a longo prazo).
En calquera caso, tanto Threads como Bluesky están a preparar cambios importantes, como a introdución de publicidade e outros modelos de negocio, pois ata o momento estaban nunha fase de captación de usuarios nas que non eran prioritarias as fórmulas que permitan tirar xerar ingresos económico, situación que non pode manterse eternamente.
Threads rexistrou 35 millóns de altas no que vai de mes
Compartir Este Artigo

