Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Consello da Xunta dá luz verde á lei para o desenvolvemento e o impulso da IA en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Consello da Xunta dá luz verde á lei para o desenvolvemento e o impulso da IA en Galicia

Redacción
Publicado: 02/12/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

241202_pte_facenda_consello_rp_dcs-4.jpgAlfonso Rueda informou de que o Consello da Xunta aprobou hoxe o Proxecto de lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia que agora será remitido ao Parlamento. Deste xeito, salientou que, “Galicia convértese na primeira rexión europea en regular por lei o deseño, adquisición e uso desta ferramenta, primeiro na administración e logo en toda a sociedade”.
En virtude desta lei, as actuacións da Administración xeral da Comunidade Autónoma e do seu sector público que impliquen o uso desta tecnoloxía deberán contar cun informe de proxecto de IA que, ademais de describir o seu funcionamento e características detalladas, incluirá unha avaliación de impacto relativo aos dereitos fundamentais das persoas, de acordo co modelo da Oficina Europea de IA.
241202_pte_facenda_consello_rp_dcs-7.jpg O conselleiro de Facenda e Administración pública, Miguel Corgos, apuntou que o obxectivo da nova regulación é garantir un desenvolvemento e unha utilización da intelixencia artificial “ética, segura, fiable e centrada nas persoas”, engadindo que “dotamos á comunidade dun marco xurídico estable que de certezas e blinde dereitos”.
A lei, segundo indicou o conselleiro, tamén “prevé a supervisión humana” en todos os procedementos administrativos que empregan esta tecnoloxía sempre que sexa necesaria ou solicitada por calquera persoa implicada no trámite.
A norma está en plena conexión coa lexislación comunitaria e coas ideas expresadas por organismos multilaterais (como a OCDE, a Comisión Europea ou o Consello de Europa), que animan os gobernos a desenvolver unha contorna de políticas que faga posible a adopción de sistemas de intelixencia artificial dun xeito fiable e seguro.
Para velar polo cumprimento destes principios e obxectivos, a lei regula a creación de novos órganos, como a Oficina de Intelixencia Artificial de Galicia ou o Consello Galego de Intelixencia Artificial, así como de novas figuras, como o comisionado en intelixencia artificial, que velará pola prevención, detección e eliminación de riscos e resultados negativos, ou o inventario de sistemas de intelixencia artificial, que reflectirá o ciclo de vida de cada sistema, desde o seu deseño ata a súa desactivación.

Contidos
  • A intelixencia artificial na Xunta de Galicia
  • A lei e os sectores produtivos

A intelixencia artificial na Xunta de Galicia

241202_pte_facenda_consello_rp_dcs-1.jpgNa actualidade, tal e como indicou Corgos, a Xunta de Galicia emprega e desenvolve en todos os seus ámbitos de competencia sistemas que utilizan a intelixencia artificial. O seu uso permitirá, por exemplo, reducir ata unha terceira parte as lesións que poden pasar desapercibidas nunha lectura convencional das mamografías para a detección de cancro de mama, así como poder analizar un maior número de probas en menor tempo.
Tamén se emprega intelixencia artificial para axudar as persoas a atopar emprego ao relacionar oferta e demanda laboral a través dunha ferramenta pioneira en España e Europa que permitirá realizar o perfilado competencial de 70.000 persoas ata setembro de 2025.
Esta tecnoloxía tamén está a ser especialmente útil para a xestión do medio rural e a redución das diferenzas con respecto ás zonas urbanas. A Xunta ten en marcha o desenvolvemento dun sistema de inspeccións intelixentes avanzadas no marco da política agraria común (PAC) que permite aumentar o número de inspeccións da PAC, así como a súa eficiencia, ademais de reducir a complexidade e custos. Galicia tamén usa a intelixencia artificial para a detección automática de incendios forestais, así como para prever a evolución dos lumes de especial gravidade.
Na Administración, os sistemas de IA empréganse para reducir os tempos e facilitar as tramitacións por parte da cidadanía e do persoal empregado público con sistemas como a Plataforma de automatizacións da Xunta de Galicia.

A lei e os sectores produtivos

A lei recoñecerá o carácter de sector estratéxico para as empresas cuxa actividade teña relación directa con esta tecnoloxía. Entre as medidas para promoción da IA nos sectores privados, a lei impulsará a creación de factorías de intelixencia artificial, de acordo coa recomendación da Comisión Europea, arredor do Centro de Supercomputación de Galicia. Estas factorías estarán abertas ás empresas emerxentes ou a calquera axente do ecosistema de IA que necesite desenvolver, adestrar e validar sistemas de intelixencia artificial. Tamén facultará a creación dun sistema de vixilancia tecnolóxica en intelixencia artificial para as empresas. Regula, así mesmo, a creación de programas de incubación, aceleración e consolidación de startups en IA, así como un fondo de participación en empresas que desenvolvan en Galicia sistemas de IA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?