Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O centro atlanTTic e o CTAG realizarán na UVigo probas de transporte intelixente cun vehículo autónomo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O centro atlanTTic e o CTAG realizarán na UVigo probas de transporte intelixente cun vehículo autónomo

S. P.
Publicado: 16/12/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_atlanttic_ctag_shuttle1-1536x1020.jpgA UVigo e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) asinaron este mes de decembro un acordo de colaboración que permitirá a posta en marcha no campus dun servizo de vehículo autónomo e conectado que non só facilitará o transporte de persoas entre os diferentes edificios, senón que tamén servirá como plataforma de proba para diversos casos de uso relacionados coa ciberseguridade no ámbito do vehículo conectado.
Trátase dunha iniciativa impulsada polo Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE), a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) da Xunta de Galicia no marco do programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (RETECH).
En concreto, con esta proba piloto búscase “validar o uso de vehículos autónomos”, poñendo o foco na seguridade das comunicacións entre vehículos e na integración dunha plataforma dentro de redes experimentais 5G e 6G. Para isto, empregarase un vehículo autónomo, unha lanzadeira (shuttle) con capacidade para transportar ata 12 persoas deseñada polo CTAG e grazas a cal se poderá avaliar o funcionamento, rendemento e eficiencia do vehículo conectado nun perímetro controlado, neste caso o Campus da UVigo.
A vicerreitora de Investigación e Transferencia, Belén Rubio, e o director xeral do CTAG, Luis Moreno, explicaron os detalles do proxecto nunha xuntanza á que tamén asistiron os investigadores de atlanTTic responsables na UVigo deste proxecto, Felipe Gil Castiñeira e Ana Fernández Vilas; así como o director da División de Electrónica e Mobilidade Intelixente do CTAG, Francisco Sánchez, e o responsable do Departamento de Ciberseguridade en Automoción, Carlos Pérez Garrido.
No marco desta xuntanza, Belén Rubio salientou que grazas a esta iniciativa Vigo converterase nun dos primeiros campus a nivel nacional en contar cun servizo destas características. Así mesmo, explicou que a idea de pór en marcha esta iniciativa xurdiu nun dos padroados do CTAG no que presentaron todos os vehículos autónomos que xa tiñan en marcha neste centro. “Nese intre decatámonos de que o campus é unha localización especialmente indicada para realizar probas con este tipo de vehículos e que un proxecto como este serviría tanto para dar visibilidade ao traballo que se leva a cabo desde o CTAG como á propia Universidade de Vigo”, explicou a vicerreitora.
O CTAG liderará a creación dun laboratorio especializado en ciberseguridade aplicada á automoción, equipado coas capacidades necesarias para a validación de solucións en vehículos autónomos e conectados, reforzando así o compromiso co desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas en mobilidade intelixente e segura. En palabras de Luis Moreno, “esta colaboración coa Universidade de Vigo reforza o noso compromiso coa investigación e a innovación no ámbito da mobilidade autónoma e conectada”, lembrando así que o obxectivo do CTAG é “desenvolver solucións tecnolóxicas que non só beneficien ao sector da automoción, senón que tamén impacten positivamente na sociedade”.
Pola súa banda, Felipe Gil, investigador do centro atlanTTic e responsable do proxecto na UVigo, engadiu que “o obxectivo desta iniciativa é validar a interacción entre vehículos, a seguridade e fiabilidade das comunicacións e a operatividade das redes 5G e 6G”. Gil tamén fixo fincapé en que esta experiencia piloto permitirá avanzar no desenvolvemento de tecnoloxías clave para a modernización do transporte público e a mobilidade intelixente en Galicia.
Ademais, Francisco Sánchez, director da División de Electrónica e Mobilidade Intelixente do CTAG, apuntou que a posta en marcha desta proxecto facilita a posibilidade de “combinar a investigación de todas as vantaxes que ofrece a rede 5G e 6G, con todos os retos que hai por diante en canto a ciberseguridade e, ao mesmo tempo, estar ofrecendo un servizo de vangarda para transporte de pasaxeiros, o que se acostuma a chamar a última milla”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?