Aínda que os equipos informáticos levan anos apostando polo almacenamento en unidades de estado sólido, os discos duros seguen a resultar de grande utilidade cando a prioridade non é a velocidade de acceso senón o volume da información a almacenar, e para atender a esta demanda dende Seagate están a presentar unhas unidades da liña Exos M+ que resultan moi interesantes ao empregar unha tecnoloxía (Mozaic 3+) capaz de almacenar 3 TB por cada placa dos discos, facendo posible unidades de 3,5 polgadas con 32 TB de capacidade.
Esta solución resulta moi atractiva polo aforro de espazo e tamén de enerxía, polo que son unidades de grande interese para provedores de servizos na nube a grande estala, que busquen un rendemento duradeiro e unidades sempre activas.
Vídeo promocional da nova tecnoloxía de Seagate

