Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dixicamp, un novo programa de campamentos de verán centrado nas competenciais dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dixicamp, un novo programa de campamentos de verán centrado nas competenciais dixitais

Redacción
Publicado: 20/01/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

250120_pte_eco_consello_rp_dcs-9.jpgO presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe a aprobación no Consello da Xunta dunha iniciativa en materia de formación e conciliación grazas á cal este verán “os centros educativos ofrecerán por primeira vez campamentos gratuítos de balde para as familias”. Trátase do novo programa Dixicamp, que contará con máis de 9.000 prazas gratuítas e cuxa temática se centrará na mellora das competencias dixitais do alumnado. Para levar a cabo esta medida “investiranse máis de 2 millóns de euros”, indicou.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional deu conta deste programa, dirixido ao alumnado de entre 9 e 17 anos, para estadías en quendas dunha semana de duración que, tal e como apuntou Rueda, “terán lugar desde o 23 de xuño ata o 5 de setembro, é dicir, coincidindo co período de vacacións escolares”, cando os centros abrirán para acoller esta iniciativa.
Estes campamentos estarán “atendidos por profesionais especializados en competencias dixitais” contratados especificamente, xa que o obxectivo é reforzar os coñecementos do alumnado nese ámbito e, deste xeito, “contribuír a atallar a fenda dixital”, en cumprimento do mandato da Unión Europea ao respecto. Paralelamente, configúrase como unha medida de apoio á conciliación das familias na época estival, unha vez que remata o período lectivo.

Contidos
  • Destinatarios, itinerarios e solicitudes
  • Formar cidadáns do século XXI

Destinatarios, itinerarios e solicitudes

180420_stemlab_11a.jpgAsí pois, a través dunha convocatoria pública, a Consellería de Educación porá a disposición dos centros educativos “un total de 9.330 prazas nestes campamentos”, con especial atención ao alumnado de contornas vulnerables por cuestións de índole socioeconómica, por ter unha discapacidade ou por residir en zonas con baixa conexión, entre outras.
Serán os propios centros educativos os que solicitarán participar nesta iniciativa a través dunha convocatoria que a Consellería dará a coñecer nas vindeiras semanas.
Haberá dous itinerarios formativos: un de competencias básicas, dirixido a alumnos de entre 9 e 13 anos de idade; e outro de competencias avanzadas, para alumnos de entre 14 e 17 anos, organizados en grupos de entre 15 e 25 alumnos. “O alumnado que supere o curso poderá certificar 30 horas de formación”, explicou Alfonso Rueda. Para o desenvolvemento das actividades, os rapaces e rapazas contarán con materiais dixitais específicos e metodoloxías activas.

Formar cidadáns do século XXI

Este programa, financiado con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, súmase ao conxunto de iniciativas impulsadas pola Consellería de Educación para reforzar a competencia dixital do alumnado galego de acordo coa Estratexia de educación dixital 2030, enfocada a xerar un ecosistema dixital nos centros educativos e formar tanto ao profesorado como ao alumnado nestas novas competencias e tecnoloxías.
Non en balde, xa están asentadas unha serie de iniciativas e programas en materia de innovación educativa no ámbito da educación dixital co fin de que o alumnado mellore as súas competencias dixitais e tecnolóxicas como son os programas de polos creativos, clubs de ciencia, Stembach, DixitalWeek, SpringWeek ou a Biblioteca creativa.
Nesta liña, Rueda recordou que Galicia “foi pioneira na posta en marcha dun proxecto para acreditar competencias dixitais”, a través do cal xa se levan emitido máis de 40.000 acreditacións para estudantes de ESO, bacharelato, FP e ensinanzas profesionais, e case 33.000 para docentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?