Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apple TV+ podería estar a perder mil millóns de dólares ao ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Apple TV+ podería estar a perder mil millóns de dólares ao ano

Marcus Fernández
Publicado: 21/03/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

severance-full-season-2-review-1742555856558.jpgNa semana na que remata a segunda tempada de Separación, a serie estrela de Apple TV+, cun orzamento de 200 millóns de dólares, dende The Information quixeron facer balance do servizo de streaming de vídeo de Apple, desvelando que está moi lonxe de ser negocio, xa que estaría a acumular 1.000 millóns de dólares en perdas cada ano.
Aseguran que, aínda que Apple TV+ está a realizar recortes nos seus gastos millonarios, as inxentes cantidades económicas que moven non están a resultar efectivas, pois actualmente nin sequera chegan a captar o 1% do consumo de streaming, de aí que non sorprenda que o codirector xeral de Netflix, Ted Sarandos, comentase nunha entrevista para Variety que non entendía que Apple estivese no negocio do streaming.
apple_tv_plus_the_information_003942d3-26a3-4c1f-ae99-35f7dea1.jpgDurante o último ano estiman que Apple TV+ chegou aos 45 millóns de subscritores, algo moi difícil de ponderar de xeito illado, xa que moitas destas subscricións son de proba ou corresponden a usuarios que contratan os servizos da nube de Apple en lote (polo que moitos non chegarían a usar o servizo), polo que estariamos ante un caso que pode lembrarnos a Prime Video, aínda que cun volume de usuarios moi inferior, de aí que haxa tantas dúbidas sobre o futuro desta división de Apple.
Tamén cómpre lembrar que, aparte das series, Apple TV+ tamén produce filmes, que en varias ocasións conseguiron levar importantes premios, pero que comercialmente foron un rotundo fracaso nas salas cinematográficas, polo que non parece probable que vaian continuar por ese camiño.
En calquera caso, Apple ingresou 391 mil millóns de dólares durante 2024, polo que pode permitirse perder mil millóns de dólares no seu negocio audiovisual de considerar que contribúe a impulsar de xeito conxunto os seus servizos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?