Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Max sube os seus prezos e anuncia un plan con publicidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Max sube os seus prezos e anuncia un plan con publicidade

Marcus Fernández
Publicado: 04/04/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

max_quilt_dazn.jpgA plataforma de vídeo baixo demanda da Warner, Max, está a anunciar novas tarifas que entrarán en vigor para novos clientes a partir do vindeiro día 8, que suporán unha suba xeneralizada dos prezos e a incorporación dun novo plan con publicidade.
Actualmente Max conta con tres plans: Estándar para 2 dispositivos á vez en Full HD a un prezo de 9,99 euros/mes ou 99,90 euros/ano, Premium para 4 dispositivos á vez en 4K a 13,99 euros/mes ou 139 euros/ano e Max DAZN para 4 dispositivos á vez (2 con acceso a deportes) por 44,99 euros/mes.
the-last-of-us-s2-hero-desktop.jpgCoa entrada en vigor das novas tarifas mantense a mesma a mesma estrutura de prezos, pero cun novo plan básico con anuncios por 6,99 euros/mes. Coas novas tarifas o plan Estándar queda en 10,99 euros/mes ou 109 euros/ano, o plan Premium pasa a custar 15,99 euros/mes ou 159 euros/ano e, curiosamente, o plan Max DAZN mantén o prezo en 44,99 euros/mes. Mantense en vigor o complemente de deportes para todos os plans por 5 euros/mes.
A data elixida para a suba de prezo de Max en España, Portugal e Andorra non parece arbitrario, xa que o vindeiro día 14 estréase na plataforma a segunda tempada da serie The Last of Us, o que probablemente propicie numerosas altas como cando estrean novas tempadas das series da franquía de Juego de Tronos, e deste xeito o novo plan con publicidade podería recibir un importante número de subscritores que poderían rematar mantendo a súa subscrición se consideran atractivos os contidos de Max por 6,99 euros/mes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?