Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vinte series compoñen a Sección Oficial do Carballo Interplay
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Vinte series compoñen a Sección Oficial do Carballo Interplay

Marcus Fernández
Publicado: 15/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

carballo_interplay_cartaz-2025.jpgA Sección Oficial de series a competición do Carballo Interplay, que celebrará a súa XII edición do 24 ao 27 de abril no Mercado de Carballo, continúa a consolidarse como escaparate internacional do talento dixital. Seleccionaron vinte propostas procedentes de doce países, cunha notable diversidade de xéneros, estilos e temáticas. O festival completa así a súa programación e publica o cartel oficial, que inclúe nomes recoñecidos como Facu Díaz, Miguel Maldonado ou Ana Polo na sección de espectáculos en directo, así como paneis para o debate e a reflexión sobre as tendencias na Rede.
Canadá será o país con maior representación nesta edición, con cinco series asinadas por creadoras e creadores desa orixe. Séguelle España, con catro propostas, das cales tres son galegas. Son elas Así falamos, así sentimos, unha comedia arredor de Nabiza Girl, unha superheroína amante da lingua que pon en valor a fala como reflexo da identidade dun pobo, dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde; E logo, quen foi?, unha microserie policial de Teresa Barbena; e A moza que abortou e o contou, un falso documental de Eire Cid e Rosalía Quiroga que regresa ao festival logo de gañar o premio ao Mellor Proxecto en 2023.
A competición completarase con series procedentes dos Estados Unidos, Irán, Reino Unido, Chile, Portugal, Alemaña, Porto Rico, Australia, Francia e Austria.
As proxeccións dividiranse en bloques para facilitar o desfrute durante os catro días do evento. O Xurado Oficial será o encargado de elixir as series gañadoras, que se darán a coñecer o domingo 27 de abril ás 12:30, nunha pequena gala conducida por Belén Puime e Miguel Canalejo.
Este xurado está formado por Bob Pop, crítico televisivo, director e guionista; Albanta San Román, actriz, escritora e creadora de contido; e o director galego Jorge Boquete, responsable de títulos como Peter Brandon, El método sueco ou A arte de ser (mal) pai. Eles outorgarán os premios á Mellor Serie (dotado con oitocentos euros e trofeo) e á Mellor Dirección (con douscentos euros e trofeo).
O Xurado Novo, composto pola xornalista Celia Eiras, a directora Lara Caeiro e a cineasta Antía Rodeiro, entregará un galardón adicional de catrocentos euros e trofeo.

Contidos
  • Estrea de Delirio Sketchs, unha visión cómica e camp da realidade galega
  • Preestrea de Mariliendre en Galicia

Estrea de Delirio Sketchs, unha visión cómica e camp da realidade galega

01_a3_cartaz_delirio_sketchs25_o.jpgO festival será tamén o escenario da estrea de Delirio Sketchs, da directora viguesa Bea Saiáns, que se fixo co premio a Mellor Proxecto de serie na pasada edición. Presentaranse os tres primeiros capítulos o xoves 24 ás 20:00, coa presenza da directora, o elenco e o equipo técnico.
Delirio Sketchs está composta por episodios de entre dez e quince minutos, cun marcado estilo camp e trash, cargados de intensidade e humor delirante. Abordan problemáticas sociais dende o surrealismo e unha mirada intelectualmente extravagante, con sketchs irreverentes que mesturan coreografías, cancións, reportaxes e momentos icónicos do famoseo underground galego. Cada peza é unha xanela distinta dun caleidoscopio que reflicte a nosa realidade.

Preestrea de Mariliendre en Galicia

O Carballo Interplay tamén acollerá a preestrea galega da serie musical Mariliendre, dirixida polo lugués Javier Ferreiro. A proxección será o venres 25 de abril ás 20:00 no Mercado de Carballo, con entrada de balde. Contará coa presenza do director e da actriz protagonista, Blanca Martínez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?