Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google quere mellorar a súa percepción social a través do audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Google quere mellorar a súa percepción social a través do audiovisual

Marcus Fernández
Publicado: 06/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ai_on_screen.jpgGoogle vén de poñer en marcha 100 Zeros, un proxecto audiovisual desenvolvido en colaboración con Range Media Partners, co obxectivo de financiar e producir filmes e series tanto de ficción como documentais, deixando claro a compañía de que non se trata dun novo estudio. A través desta iniciativa, a compañía busca promover a adopción das súas tecnoloxías máis recentes e mellorar a percepción pública da marca, especialmente entre as audiencias mozas.
A empresa non só aspira a mostrar produtos como Android, Circle to Search ou ferramentas de realidade aumentada de forma natural nos contidos, senón tamén a influír na cultura popular a través da narrativa audiovisual. Segundo un portavoz de Google, pretenden colaborar coa industria de Hollywood «de maneira reflexiva e produtiva» e explorar as posibilidades da tecnoloxía mediante a narración creativa.
cuckoo_0y_7ck9yq_jogngyv.jpg 100 Zeros xa deu os seus primeiros pasos apoiando a promoción de Cuckoo, un filme de terror independente de Neon protagonizado por Hunter Schafer. Ademais, lanzou a iniciativa AI On Screen, que encarga curtametraxes sobre intelixencia artificial co obxectivo de converter algunhas en longametraxes. Un exemplo é Sweetwater, unha historia sobre o fillo dunha celebridade que descobre unha IA vinculada ao legado da súa nai.
Aínda que non se centra no product placement, Google ve con bos ollos que nos proxectos se amosen teléfonos Android en lugar de iPhones, sempre que sexa de forma orgánica. Esta estratexia busca competir coa forte implantación de Apple entre a xeración Z (especialmente nos EE.UU.).
En canto á distribución, sorprendentemente 100 Zeros non utilizará YouTube como canle principal. Pola contra, procurará vender os proxectos a estudios e plataformas como Netflix.
O equipo de 100 Zeros inclúe profesionais con experiencia en Hollywood, como Penny Lin, Casey Durant e Tony Nguyen, baixo a coordinación de Rachel Douglas (Range) e Jonathan Zepp (Google). Range Media achega a infraestrutura e talento, mentres que Google mantén o financiamento e a estratexia tecnolóxica.
Tamén cómpre lembrar que o nome escollido para esta iniciativa non é accidental, xa que o número composto por un 1 seguido dun cento de 0 é o coñecido como gúgol, que foi o que inspirou o nome da compañía de Mountain View.
Esta incursión de Google no mundo do audiovisual prodúcese nun momento no que outras marcas tamén apostan por crear contido de entretemento para chegar a públicos difíciles de captar mediante a publicidade tradicional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?