Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O BNG esixe ao Goberno que tome medidas ante os bloqueos indiscriminados de páxinas web por parte de LaLiga
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O BNG esixe ao Goberno que tome medidas ante os bloqueos indiscriminados de páxinas web por parte de LaLiga

Redacción
Publicado: 14/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

nestor_rego_dsc04350.jpgO deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclama ao Goberno do Estado que actúe con urxencia ante o que considera prácticas abusivas e sen control por parte de entidades privadas como LaLiga e Movistar, que están a bloquear páxinas web e enderezos IP coa escusa de combater a pirataría na emisión de partidos de fútbol en liña.
Segundo denuncia Rego, estas medidas están a provocar a caída de milleiros de páxinas web totalmente lexítimas, incluíndo espazos culturais, aplicacións e servizos de negocios. Indica que se están a producir auténticos apagamentos dixitais, especialmente durante as fins de semana, afectando contidos legais e sen relación coas retransmisións deportivas.
A situación ten a súa orixe nunha sentenza dun xulgado de Barcelona de 2022, que autorizaba LaLiga a bloquear determinados dominios asociados á pirataría. Porén, Rego lembra que a resolución xudicial establecía que non debían prexudicarse terceiros.
Para o deputado nacionalista, resulta incomprensible que empresas privadas poidan bloquear páxinas web. Afirma que a autorización xudicial xa é discutible, pero ademais non se está a respectar, pois esa autorización estipula que non se poden causar prexuízos a terceiros, algo que si está a ocorrer.
O BNG considera que esta situación vulnera os dereitos dos usuarios e alerta de que a inacción do Goberno equivale a un abandono das súas funcións, deixando o control dixital en mans privadas que actúan no seu propio beneficio e sen supervisión. Por iso, Rego insta o Executivo a tomar medidas inmediatas para garantir os dereitos e liberdades no ámbito dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?