Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña será unha das sedes da VR League 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

A Coruña será unha das sedes da VR League 2025

Redacción
Publicado: 16/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

bf6ad085-b62e-458d-bb68-b6489295.jpgA cidade da Coruña prepárase para recibir a VR League 2025, unha competición de eSports en realidade virtual organizada por Zero Latency. Trátase dunha proposta na que habilidade, puntería e coordinación serán decisivas para alzarse coa vitoria.
A cita terá lugar o 1 de xuño nas instalacións de Zero Latency A Coruña, situadas no Human Intelligence Hub (Hi Coruña), o primeiro centro de realidade virtual de inmersión libre de Galicia. Inaugurado en setembro de 2024, conta cun espazo de máis de 500 metros cadrados no que os xogadores poden desprazarse libremente, sen cables nin mochilas. Alí celébranse tanto sesións de xogo cooperativo como eventos privados, actividades de empresa ou aniversarios.
7013355e-c6ee-4b81-801a-b8b7e20c.jpg Nesta ocasión, seis equipos participarán nun torneo baseado en Sol Raiders, un videoxogo multixogador deseñado especificamente para esta plataforma. Os enfrontamentos desenvolveranse en tres escenarios virtuais, con partidas rápidas e intensas nas que cada equipo deberá competir por puntos e cumprir obxectivos para superar aos seus rivais. O equipo vencedor representará a Galicia na final europea, prevista para o 23 de xuño en Madrid.
Os interesados en participar deben formar un equipo e inscribirse antes do 20 de maio mediante o formulario dispoñible en liña. Cada grupo terá que contar con tres xogadores titulares e poderá incluír ata dous suplentes. A inscrición dá dereito a camisetas personalizadas e a varias sesións de adestramento previas á final local.
O premio para o equipo gañador inclúe unha viaxe completamente financiada para catro persoas, coa inscrición na Liga Europea de Zero Latency, así como os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención necesarios para asistir ao torneo.
Lembremos que as instalacións de Zero Latency A Coruña permiten actualmente reservar sesións de xogo de realidade virtual para Threat: Lethal Extra, Threat: Lethal, Space Marine VR, Outbreak, Far Cry VR, Undead Arena, Engineerium, Singularity e o mencionado Sol Raiders.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?