Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Lei europea de IA mantén o seu calendario de aplicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Lei europea de IA mantén o seu calendario de aplicación

Redacción
Publicado: 04/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

thomas_regnier_p064873-867289.jpgA Comisión Europea confirmou hoxe mesmo que a aplicación da Lei de Intelixencia Artificial da Unión Europea seguirá o calendario legal previsto, desbotando as peticións de adiamento formuladas por diversas empresas e algúns Estados membros.
Nos últimos días, compañías estadounidenses como Alphabet e Meta, así como empresas europeas como Mistral ou ASML, instaron á Comisión a adiar varios anos a entrada en vigor da normativa. Porén, o portavoz da Comisión, Thomas Regnier, foi tallante: «Non hai pausa. Non hai período de graza. Non hai detención do reloxo».
Segundo explicou Regnier nunha conferencia de prensa, «temos prazos legais establecidos nun texto legal». Así, as primeiras disposicións da Lei entraron en vigor en febreiro de 2025, as obrigas para os modelos de propósito xeral aplicaranse desde agosto de 2025, e as referentes aos modelos de alto risco comezarán a aplicarse en agosto de 2026.
A Comisión avanzou que a finais deste ano proporá medidas para simplificar as normas dixitais, como unha posible redución das obrigas de reporte para as pequenas empresas. Con todo, manteñen a firmeza na aplicación da Lei de IA, deseñada para establecer límites claros ao desenvolvemento desta tecnoloxía, considerada estratéxica para numerosos sectores económicos e actualmente dominada polos Estados Unidos e China.
Moitas empresas teñen expresado preocupación polos custos de cumprimento e os requisitos esixentes desta lexislación, pero Bruxelas insiste na súa importancia para garantir un desenvolvemento seguro e ético da intelixencia artificial en Europa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?