Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Itch.io e Steam restrinxen a distribución de xogos con contidos para adultos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Itch.io e Steam restrinxen a distribución de xogos con contidos para adultos

Redacción
Publicado: 24/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

steam_no_mercy.jpgA plataforma itch.io anunciou que vén de retirar dos seus sistemas de busca e navegación todo o contido para adultos, tras recibir presións por parte dos seus procesadores de pagamento. A decisión, tomada de maneira inmediata e sen aviso previo aos creadores, busca garantir a continuidade do servizo e a súa capacidade para tramitar pagamentos.
Segundo explica a propia compañía nun comunicado, o detonante foi a polémica arredor dun xogo titulado No Mercy (de Zerat Games), que estivo dispoñible de maneira temporal na plataforma antes de ser prohibido en abril (mes no que os responsables do xogo decidiron deixar de vendelo en Steam para evitar problemas á plataforma). A organización australiana Collective Shout lanzou entón unha campaña contra Steam e itch.io, dirixíndose aos procesadores de pagamento destas plataformas para denunciar a natureza dalgún do contido aloxado.
A empresa recoñece que a medida foi tomada «de maneira urxente» para protexer a infraestrutura de pagamentos da plataforma, que consideran vital para que os creadores poidan seguir operando. Ao tratarse dunha situación crítica e que avanzou con rapidez, itch.io argumenta que non foi posible informar con antelación aos afectados.
Neste momento, a compañía está a realizar unha auditoría completa dos contidos dispoñibles, e as páxinas con material adulto permanecerán ocultas mentres non se revise a súa conformidade coas políticas dos procesadores de pagamentos. Unha vez rematado o proceso, os creadores deberán confirmar que os seus contidos se axustan ás normas destas entidades. Algúns contidos poderán ser eliminados permanentemente e os responsables recibirán unha notificación por correo electrónico.
Esta situación está a resultar bastante polémica, xa que supón a imposición dun criterio moral en plataformas con sistemas de discriminación por idade, polo que non parece razoable que se restrinxa o acceso a contidos con certo carácter sexual a adultos conscientes do que están a adquirir. Nesta ocasión os bloqueos iniciais tiveron lugar en Australia, Canada e Reino Unido, e polo momento a Comisión Europea non se manifestou sobre a legalidade de que as plataformas de pagamento poidan vetar plataformas enteiras se ofrecen contidos pornográficos aos seus usuarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais

23/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?