Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Las guerreras K-pop convértense na película máis vista na historia de Netflix
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Las guerreras K-pop convértense na película máis vista na historia de Netflix

Marcus Fernández
Publicado: 26/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

aaaaqttl1vaenxngmxdq6krrahuid1ei.jpgPoucas veces unha plataforma de vídeo baixo demanda consegue éxitos que superan todas as expectativas converténdose en auténticos fenómenos, como foi o caso de Stranger Things ou de El Juego del Calamar, pero este verán Netflix estaría a vivir algo semellante con Las guerreras K-pop, produción de Sony Pictures Animation estreada en xuño que, segundo os últimos datos da compañía de Reed Hastings tería acumulado 236 millóns de visualizacións, converténdose no filme máis visto na plataforma vermella.
O fenómeno resulta aínda máis sorprendente polo feito de que a cinta apenas experimentou caída de audiencia durante tres semanas consecutivas, algo insólito mesmo para os maiores éxitos. Pero o éxito non remata aí, xa que a pasada fin de semana tivo lugar en EE.UU., Canadá, Australia, Nova Zelandia e Reino Unido o evento KPop Demon Hunters: The Sing-Along que consistiu na proxección do filme en salas cinematográficas, con grande afluencia de público.
netflix_top4_es_global_films_most-popular.jpg En xullo a longametraxe xa se convertera no filme de animación máis visto de Netflix, pero agora desprazou a Alerta Roja (230,9 millóns de reproducións) ao segundo posto, seguida por Equipaje de mano (172,1 millóns de reproducións). Na última semana analizada (na que rexistrou 25,4 millóns de visualizacións), completaron a listaxe semanal La noche siempre llega (12,3 millóns de visionados), Welcome to Sudden Death (6,2 millóns), Mi año en Oxford (5,9) e Home (5,7), con datos moito máis modestos.
Netflix prepara agora unha estratexia ambiciosa para transformar a produción nunha franquía global: planea un remake en imaxe real, un musical teatral, secuelas e outros proxectos, chegando a describila como o seu propio Frozen.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?