Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gemini lidera as descargas na App Store
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Aplicacións

Gemini lidera as descargas na App Store

Marcus Fernández
Publicado: 15/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

app_store_top_gemini.jpgA denuncia de Elon Musk a Apple por manipular a App Store para que entre as aplicacións máis descargadas na categoría de Produtividade (que é onde figuran as aplicacións de IA), asegurando que é imposible que unha aplicación de IA consiga situarse por diante de ChatGPT cae polo seu peso se consultamos actualmente o Top de aplicacións de balde na App Store, tanto en EE.UU. como en España, estando en ambos casos Google Gemini en primeira posición, superando a ChatGPT na listaxe xeral, na que Grok estaría nunha posición 79ª nos EE.UU. (mentres que en España nin sequera entraría no Top 100).
Na categoría de produtividade Grok consegue colocarse en 5ª posición nos EE.UU. (aínda que no momento en que consultamos a listaxe caera ata a 7ª posición) mentres que en España quedaría nun posto entre o 12 e o 17, o que indicaría claramente que a aplicación simplemente non ten a demanda que Elon Musk persegue, por múltiples motivos (como a aversión do público ao propio Musk, ata a falla de fiabilidade de Grok).
A popularidade de Gemini na App Store ten unha explicación moi doada: a mellora da tecnoloxía de creación e modificación de imaxes integrada na aplicación. Esta tecnoloxía, alcumada como Nano Banana, converteuse en todo un fenómeno social, facilitando que usuarios sen destreza e experiencia en aplicacións como Photoshop poidan modificar fotografías de xeito complexo e realista mediante simples instrucións de texto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Aplicacións

WhatsApp comeza a ofrecer copias de seguridade na súa propia nube

17/11/2026
Aplicacións

Instagram crea Direct, unha aplicación independente para mensaxería

17/11/2026
Aplicacións

Un desenvolvedor melidense crea unha aplicación que pendura capturas de pantalla nun tendal virtual

13/11/2026
Aplicacións

EduLeo facilita a mellora da comprensión lectora

12/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?