Musk quere denunciar a App Store polo liderado de ChatGPT entre as aplicacións de IA
martes, 12 de agosto do 2025
Elon Musk segue coa súa teima de lanzar ataques a OpenAI, compañÃa coa que ten unha longa inimizade tras frustrarse o seu intento de absorción da compañÃa dende Tesla, e agora dirixe a ofensiva a través da App Store, asegurando que vai emprender accións legais dende xAI contra Apple por violación das normas de competencia ao facer imposible que ningunha compañÃa aparte de OpenAI poida liderar a categorÃa de IA da App Store.
Musk parece omitir que as listaxes da App Store reflicten o volume de descargas das aplicacións, provocadas pola súa popularidade, e non ao revés, e o feito de que ChatGPT teña unha boa posición en descargas é unha evidencia da súa sona e elevado nivel de uso. Pero tamén é doado de comprobar que as acusacións de Musk son completamente falsas, xa que en xaneiro DeepSeek conseguiu superar a ChatGPT na App Store, e en mercados puntuais aplicacións como Perplexity tamén conseguiron logros semellantes grazas a promocións.
Sam Altman xa respondeu ás acusacións apuntando a ironÃa de que Elon Musk estea a manipular X en beneficio propio e das súas empresas, danando aos seus competidores e a persoas que simplemente non lle caen ben. Altman destaca que dende OpenAI simplemente se esforzan en facer grandes produtos.
Apple tamén negou as acusacións en declaracións feitas a Bloomberg: «A App Store está deseñada para ser xusta e sen nesgos. Presentamos milleiros de aplicacións mediante gráficos, recomendacións algorÃtmicas e listaxes seleccionadas por expertos con criterios obxectivos».
