Elon Musk finalmente presenta unha demanda contra Apple por favorecer a OpenAI
luns, 25 de agosto do 2025
X Corp. (propietaria da rede social X) e xAI (desenvolvedora do chatbot Grok) veñen de presentar unha demanda contra Apple e OpenAI que sostén que as dúas compañÃas se aliaron para preservar os seus monopolios en mercados clave: os smartphones e os chatbots de intelixencia artificial. Os demandantes argumentan que Apple, cunha cota do 65 % nos smartphones nos Estados Unidos, sentiu ameazada a súa posición polo avance das super apps e dos asistentes de IA xerativa, capaces de substituÃr moitas das funcións que fan atractivo o iPhone. Pola súa parte, OpenAI consolidou máis do 80 % do mercado de chatbots grazas ao éxito de ChatGPT e tamén tiña incentivos para bloquear a competencia.
No corazón da denuncia está o acordo exclusivo anunciado en 2024, polo que Apple integrou ChatGPT no sistema operativo iOS, sen ofrecer a posibilidade de que outros competidores, como Grok, se incorporasen. Este pacto, segundo a demanda, fixo que ChatGPT se convertese no único asistente con acceso nativo a Siri, ás ferramentas de escritura e á cámara, garantindo a OpenAI un fluxo masivo de datos e impedindo que rivais gañasen escala para mellorar os seus modelos. X e xAI engaden que Apple manipulou os rankings da App Store, atrasou a aprobación de actualizacións e excluÃu aplicacións competidoras das súas listas máis visibles, favorecendo de forma sistemática a ChatGPT (acusacións bastante difÃciles de soster, xa que dende que OpenAI colabora con Apple na App Store conseguiron posicións destacadas ferramentas como DeekSeek e Perplexity).
As consecuencias, afirman, son evidentes: menos innovación, menos investimento no sector, produtos de peor calidade, prezos máis altos e unha redución da liberdade de elección dos consumidores. Ademais, sosteñen que a alianza impediu o desenvolvemento de super apps que poderÃan ofrecer unha alternativa real ao iPhone e abarataren os custos para os usuarios. Por iso reclaman indemnizacións millonarias, triplicadas segundo a lexislación antimonopolio, e unha orde xudicial que obrigue a Apple e OpenAI a abandonar este tipo de prácticas exclusivas.
Non parece que esta demanda froito dunha teima de Elon Musk contra OpenAI poida sosterse no tempo, especialmente de confirmarse os rumores de que Apple tamén está a preparar a integración de Gemini nos seus dispositivos, asà como tamén deixou caer que a elección de chatbot en Siri poderÃa ser algo semellante á selección de navegador web predeterminado, polo que ChatGPT simplemente serÃa o primeiro por ser o máis popular.
