Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar Plus+ incorpora novos contidos da BBC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Movistar Plus+ incorpora novos contidos da BBC

Marcus Fernández
Publicado: 10/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

bbc_player_multititle_banner.jpgOs clientes de Movistar Plus+ con oferta converxente de televisión poderán acceder desde o 15 de outubro a BBC Player, un novo servizo en exclusiva que incluirá máis de setecentas horas de contidos seleccionados do catálogo de BBC Studios, con series, documentais e programas emblemáticos da produtora británica. Tamén se incorporan as cancles BBC Lifestyle e BBC Earth á oferta de Movistar Plus+.
BBC Player, deseñada especificamente para o público español e dispoñible integramente en castelán, ofrecerá grandes series de ficción, documentais de natureza e producións de entretemento.
bbc_vida_salvaxe.jpgEntre os títulos dispoñibles desde o seu lanzamento figuran os documentais de Louis Theroux (Historias de Los Ángeles, Vida al límite ou Louis Theroux Entrevista); producións de historia natural como David Attenborough y el dinosaurio gigante ou Diario de los grandes felinos; e programas como Hoteles increíbles: la vida más allá del vestíbulo, El rival más débil ou Ultimate Wedding Planner. En ficción destaca o drama criminal Padre Brown e as distintas entregas da franquía Paraíso (Crimen en el paraíso, Crimen más allá del paraíso e Regreso al paraíso), cuxos novos episodios se estrearán en primicia a través de BBC Player.

Novas canles

deadly_60_bbc.jpgCoincidindo con este lanzamento, a canle BBC Lifestyle (dial 93) desembarca por primeira vez en España a través de Movistar Plus+. A súa programación incluirá espazos sobre fogar, decoración, viaxes e estilos de vida, como DIY SOS, Casas señoriales, Las desventuras de Romesh Ranganathany ou Steve Backshall’s Extreme Mountain Challenge.
Tamén se incorpora a canle BBC Earth (dial 86), con máis de cento vinte horas de contidos dobrados ao español e dedicados á mellor programación documental de BBC Studios. Nela poderanse ver producións como 60 encuentros letales, Expedición Tigre ou Polar Bear: Spy on the Ice.
Ambas canles súmanse ás xa dispoñibles en Movistar Plus+: BBC Series (dial 32), Top Gear (dial 34), BBC History (dial 84) e BBC Food (dial 92), todas incorporadas en xaneiro deste ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?