O venres pasado a compañía de seguridade informática Malwarebytes alertou do roubo de información de 17,5 millóns de contas de usuario de Instagram, que estaría a venderse na dark web e que tería provocado unha vaga de solicitudes de cambio de contrasinal, aínda que a información non parece axustarse a realidade, pois o domingo Instagram asegurou que «non houbo ningunha fenda de seguridade nos nosos sistemas e as vosas contas de Instagram están seguras».
O que si comentan é que tomaron medidas para evitar que terceiros poidan provocar as mensaxes de restauración do contrasinal que recibiron moitos usuarios, apuntando que esta mensaxes poden ignorarse con tranquilidade.
Instagram desminte padecer un roubo masivo de contas
Compartir Este Artigo

