Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Las guerreras K-pop rachan marcas en Netflix
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Las guerreras K-pop rachan marcas en Netflix

Marcus Fernández
Publicado: 22/01/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tii_tulo_mai_s_visto-_kpop_demon.jpgA plataforma de streaming de pagamento de referencia mundial, Netflix, vén de compartir o seu informe sobre o engagement dos seus subscritores entre xullo e decembro de 2025, espazo de tempo no que acumularon 96 mil millóns de horas vistas. O criterio que ten a compañía de Reed Hastings para medir a dependencia dos seus usuarios consiste en dividir o total de horas vistas polo tempo de reprodución.
pelii_culas_mai_s_vistas.jpgO segundo semestre de 2025 quedou marcado polo fenómeno de Las guerreras K-pop, que non só foi o título máis visto nese tempo, senón que rachou con todas as marcas anteriores ao acumular 482 millóns de visualizacións.
Tamén o regreso de Stranger Things cativou grande audiencia a nivel mundial, con 94 millóns de visualizacións, aínda que se medimos o acumulado da serie contando as súas tempadas anteriores estariamos a falar de 275 millóns de visualizacións, demostrando a súa forza.
series_mai_s_vistas.jpgPero series máis recentes, como Miércoles, tamén funcionan moi ben a nivel mundial, conseguindo 124 millóns de visualizacións coa súa segunda tempada, destacando tamén o feito de que a súa primeira tempada foi revisada/descuberta por moito público, conseguindo 47 millóns de visualizacións.
No caso español, Netflix destaca os 36 millóns de visualizacións de Ángela, os 28 millóns de reproducións da primeira tempada de El refugio atómico, os 26 millóns de visualizacións de Dos tumbas e os 15 millóns de visualizacións de Animal (serie gravada en Galicia).

Éxitos feitos en Galicia

el_jardinero_maria_vazquez.jpgEn chave galega tamén podemos destacar que o informe recolle as visualizacións de series como El caso Asunta (6,5 millóns de visualizacións), da primeira tempada de Clanes (6,4 millóns de visualizacións), Fariña (2,1 millóns de visualizacións) e Vivir sin permiso (2 millóns de visualizacións). Tamén sorprende o caso dunha miniserie gravada en grande medida en Pontevedra e Cambados, El Jardinero, que o impresionante volume de 16,9 millóns de visualizacións no segundo semestre do ano pasado (pese a terse estreado en abril, cando conseguiu colocarse na primeira posición das series máis vistas en 46 países e situouse entre as 10 series máis vistas en 84 países).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?