Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores do CINTECX desenvolven unha tecnoloxía que predí a calidade do aire interior en tempo real
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores do CINTECX desenvolven unha tecnoloxía que predí a calidade do aire interior en tempo real

S. P.
Publicado: 03/02/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cintecx_uvigo_calidade_do_aire_dispositivo.jpgConscientes da importancia de garantir a calidade do aire do interior (IAQ) dunha edificación, os investigadores do Grupo de Tecnoloxía Enerxética do CINTECX (Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da UVigo), veñen de pór en marcha un proxecto, financiado con 390.000 euros do programa Ignicia da Xunta de Galicia, dirixido a buscar solucións ás importantes limitacións que presentan os sistemas actuais, que non permiten unha representación tridimensional e predictiva dos parámetros de calidade ambiental e que teñen un alto custo e complexidade de instalación.
Titulado Monitoraxe da calidade do aire interior e representación 3D con Intelixencia Artificial, o proxecto está liderado polo catedrático Enrique Granada Álvarez, e xunto a el completan o equipo de traballo o tamén catedrático Pablo Eguía Oller e o emprendedor Miguel González Maquieira, cofundador de diferentes proxectos tecnolóxicos.
“IAQIA3 responde ao retos que formulan os sistemas actuais cunha tecnoloxía innovadora baseada en intelixencia artificial que permite o modelado dinámico, en 3D e no tempo, da calidade do aire interior e a súa integración con sistemas de xestión de edificios (BMS)”, explica o responsable do proxecto, quen pon o foco en que “isto permite detectar ineficiencias nos sistemas de ventilación ou adaptarse en tempo real ás cambiantes circunstancias derivadas do uso que as persoas usuarias fan dese edificio”.
A solución combina dispositivos autónomos de baixo custo para medir parámetros como dióxido de carbono, temperatura e humidade relativa, con opción de incorporar outros sensores, xunto cun modelo avanzado de IA capaz de xerar modelos espaciais e temporais a partir de medicións puntuais. Emprega, ademais, comunicacións eficientes e un deseño de baixo consumo que facilita un despregamento rápido e sen infraestruturas complexas.
“A diferencia dos sistemas convencionais, IAQIA3 non só mide, senón que modela e predí a evolución da calidade do aire en cada punto do espazo, reducindo o número de sensores necesarios, permitindo accións correctivas en tempo real e asegurando a compatibilidade con protocolos industriais como BACnet, Modbus ou Zigbee”, engade Granada.
O mercado obxectivo inclúe hospitais, centros comerciais, edificios de oficinas, terminais de transporte ou ximnasios, e a proposta conta co apoio de numerosos axentes do sector. O proxecto culminará coa creación dunha spin-off especializada en solucións de IAQ, cun modelo de negocio baseado na comercialización de algoritmos de IA para visualización 4D.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado

25/11/2026
Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?