Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os campus da UVigo celebran cun amplo programa o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os campus da UVigo celebran cun amplo programa o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

S. P.
Publicado: 04/02/2026
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

cartaz_dia_da_muller_e_da_nena_na_ciencia.jpg No mes de febreiro, máis en concreto o día 11, celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, festexo que nace coa vontade de pór en valor o papel das científicas e de fomentar as vocacións STEM entre as nenas. Dende a Universidade de Vigo conmemórase ao longo de todo o mes de febreiro o dito 11F cun amplo programa de actividades nos campus de Vigo, Pontevedra e Ourense. Amais dos obradoiros ElasFanCienTec en Vigo e a feira eXXperimenta en Feminino en Ourense, a UVigo impulsará obradoiros, feiras, charlas, proxeccións, concursos e encontros coa comunidade educativa e coa cidadanía co obxectivo de visibilizar o traballo das mulleres na ciencia e a tecnoloxía, crear referentes femininos e rachar cos estereotipos que condicionan a elección de estudos.
Detrás deste traballo atopamos ás propias docentes e investigadoras, aos centros de investigación, ás escolas e ás facultades dos tres campus, co apoio da Unidade de Igualdade e da Unidade de Cultura Científica e da Innovación, en colaboración coa Fundación Española para la Ciencia y Tecnología- Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
Indo ao programa, sinalar que comeza hoxe, 4 de febreiro, no campus de Pontevedra, onde a Facultade de Comunicación e a Escola de Enxeñaría Forestal abren as súas portas ao alumnado de 4º da ESO do IES Xunqueira I, que participará en obradoiros prácticos nos que se porá en valor o papel das investigadoras e docentes, contribuíndo a reverter a segregación por estereotipos de xénero nos estudos universitarios. O 6 de febreiro será a quenda da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense, que recibirá o alumnado de 4º da ESO do IES 12 de Outubro para desenvolver actividades sobre tecnoloxía educativa e igualdade, creación dun pódcast sobre representación feminina na ficción audiovisual e experimentación no laboratorio de didáctica das ciencias naturais.
Asemade, tamén haberá tempo para un ciclo de charlas que sesenta investigadoras da UVigo impartirán ao longo do mes, centradas tanto no seu labor investigador coma no papel da muller na ciencia e na tecnoloxía. Estas actividades desenvolveranse en centros educativos, residencias de persoas maiores, aulas hospitalarias, bibliotecas e outros espazos sociais.
Indo ao día grande, o 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia terá lugar a 10ª edición de ElasFanCienTec, cunha novidade: por primeira vez visitará o alumnado masculino as facultades máis feminizadas, ao tempo que as rapazas continúan achegándose a eidos tradicionalmente masculinizados. Máis de 200 rapazas e rapaces de catro centros educativos da provincia de Pontevedra (IES Coruxo, IES Politécnico de Vigo, IES do Castro e IES Álvaro Cunqueiro) visitarán laboratorios e escolas do campus de Vigo para participar en obradoiros científicos organizados polo Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO), as escolas de Enxeñaría Industrial, Minas e Enerxía e Telecomunicación e as facultades de Filoloxía e Tradución e Ciencias Xurídicas e do Traballo.
Ese mesmo día 11F, o alumnado asistirá a un obradoiro organizado pola Unidade de Igualdade; poderá coñecer a exposición Mulleres investigadoras Cintecx e participará nunha actividade vinculada ao desenvolvemento do xogo de escapada científico Alerta Verde, que se está a desenvolver coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Engadir que durante todo o mes poderá visitarse a exposición Mulleres investigadoras Cintecx, unha mostra accesible en liña, que presenta doce científicas do centro.
rapazas_no_dia_da_ciencia.jpg Un tema moi importante nesta celebración é a perspectiva de xénero nas tecnoloxías emerxentes, protagonista doutras actividades do 11F, como a mesa redonda que organizará o centro Ecobas sobre Intelixencia Artificial e igualdade na Facultade de Ciencias Económicas o día 11 de febreiro ás 12h e que poderá seguirse na canle de YouTube de Ecobas. O mesmo día, entre as 16 e as 21h, o Instituto Universitario de Investigación Xustiza e Xénero (IXEX) organizará a proxección da película Justicia artificial na facultade de Ciencias Xurídicas do campus de Vigo e na de Dereito do campus de Ourense, dentro do ciclo Cine e Xustiza 2026.
O 12 de febreiro no campus de Vigo levarase a cabo a metacharla Innovación en igualdade, impulsada pola UCC+i, na sala 1 do Edificio Miralles ás 11h. O relatorio, que poderá seguirse de forma presencial ou online a través de UVigo TV, será moderado pola técnica da Unidade de Igualdade da UVigo Mar Fernández Cendón, nel participarán as investigadoras da UVigo: Soledad Torres, Katia Rolán e Laura Sampedro. O encontro contará tamén coa introdución da vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, e coa participación en liña da divulgadora Marta Macho.
Tamén o 11 de febreiro, ás 12h, o Centro de Investigación Mariña (CIM) celebrará a entrega dos premios da cuarta edición do concurso Marie Tharp, dirixido ás súas investigadoras predoutorais e posdoutorais. O acto incluirá unha mesa redonda moderada pola xornalista do Faro de Vigo Sandra Penelas sobre os retos e oportunidades das mulleres na ciencia mariña e a proxección das pezas audiovisuais premiadas.
A gran feira divulgativa eXXperimenta en Feminino desenvolverase o 20 de febreiro, de 9 a 18h no edificio Politécnico do campus de Ourense. Aberta ao alumnado non universitario da provincia na quenda de mañá e ao público xeral na de tarde, a xornada achegará múltiples postos experimentais sobre química, biotecnoloxía, programación, aeronáutica ou saúde, co obxectivo de achegar as disciplinas STEM á sociedade. Amais disto, a divulgadora científica Deborah García Bello impartirá unha charla titulada Barbies e Robots, de acceso libre deica completar aforo.
Por último, no campus de Ourense, organizouse unha nova edición do Concurso escolar de creación artística polo 11F, dirixido a alumnado de primaria e secundaria obrigatoria da provincia. O prazo de presentación de traballos pechouse o pasado 25 de xaneiro e a entrega de premios será ao longo deste mes de febreiro nun acto especial, en data aínda por determinar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?