Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Disney+ non permite a reprodución de contidos en 3D en Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Disney+ non permite a reprodución de contidos en 3D en Europa

Marcus Fernández
Publicado: 12/02/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

apple-vision-pro-entertainment-disney-plus.jpgUn dos principais reclamos de Apple Vision Pro é o consumo audiovisual, e a oferta de contidos que realmente tiran proveito do visor de realidade estendida de Apple, que xa era sumamente reducida, vai a peor, xa que moitos usuarios están a alertar de que a aplicación de Disney+ para o visor da compañía de Cupertino perdeu o soporte para contidos en 3D en boa parte do mundo.
Dende Disney+ non dan ningunha información ao respecto, pero esta incidencia leva sucedendo en Alemaña dende o mes de novembro, o que aseguran que é consecuencia dunha sentenza xudicial sobre un conflito de patentes, e agora as consecuencias afectarían tamén a usuarios de numerosos países europeos e incluso de usuarios australianos, o que dá a entender de que estamos ante un problema que rematará sendo global.
Se consultamos a páxina de axuda de Disney+ podemos ver como os usuarios Premium poden acceder a contidos en 4K UHD e HDR, HDR10 e IMAX Enhanced, pero xa non ao formato Dolby Vision, que sería o afectado pola sentenza xudicial contra Disney.
Aínda que perder o soporte dun formato de HDR pode resultar frustrante para propietarios de certos televisores, no caso dos contidos 3D a situación é máis grave, pois Disney+ era un dos poucos servizos audiovisuais optimizados para Apple Vision Pro e agora, para poder gozar de filmes en 3D no visor de Apple é preciso recorrer á propia tenda audiovisual da compañía da mazá.
Esta situación non só empobrece de xeito dramático a oferta audiovisual para Vision Pro, senón que tamén resulta moi violenta para os subscritores de Disney+, que non están a recibir información oficial por parte da compañía, polo que de momento non se coñece se estamos ante algo eventual ou definitivo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?