Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Disney+ sobe ao carro dos microdramas con Locker Diaries
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Disney+ sobe ao carro dos microdramas con Locker Diaries

Redacción
Publicado: 16/02/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

locker_diaries_zombies_01.jpgDisney+ vén de estrear nos EE.UU. a súa particular aposta polos microdramas con Locker Diaries, unha serie concibida especificamente para o consumo en vertical e protagonizada por personaxes procedentes das franquías Zombies, Descendants e Phineas & Ferb. O proxecto insírese na estratexia de adaptación ás novas dinámicas de consumo audiovisual, marcadas polo auxe do vídeo breve nas redes sociais.
A serie presenta pequenas historias autoconclusivas que mesturan comedia, drama e elementos de intriga, ambientadas en corredores escolares e narradas a través das portas abertas dos armarios individuais dos alumnos. O enfoque busca reproducir unha experiencia visual próxima ás interaccións habituais dos usuarios en plataformas móbiles, cunha narrativa fragmentada e directa.
locker_diaries_zombies_03.jpg Os dous primeiros episodios, centrados no universo de Zombies, xa están dispoñibles en Disney+ e na canles oficiais de Disney Channel en YouTube, Instagram e TikTok. Neles participan Malachi Barton, Freya Skye, Swayam Bhatia, Julian Lerner e Mekonnen Knife, que retoman os seus papeis de Zombies 4: Dawn of the Vampires. A serie constará de once capítulos, cunha nova entrega cada sábado ata mediados de abril.
locker_diaries_zombies_02.jpg Esta iniciativa responde ao crecente interese das grandes produtoras polo formato de microdrama, un segmento que experimenta unha forte expansión, especialmente en mercados como o chinés, onde se estima que superou os 9.400 millóns de dólares o pasado ano. No caso de Disney+, a integración do vídeo vertical forma parte dunha estratexia máis ampla para incrementar a interacción diaria coa plataforma.
Dende Disney pretenden explotar o vídeo vertical de distintos xeitos, que van dende programación orixinal en formato breve ata a reutilización de fragmentos procedentes de series ou filmes máis longos. No caso que nos ocupa, temos un experimento que explora novos xeitos de conectar co público mozo a través de distintas plataformas aproveitando o potencial das súas franquías xuvenís.


Primeira entrega de Locker Diaries

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?