Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Carballo Interplay trae dúas novidades centradas nas míticas series Twin Peaks e Sexo en Nova York
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

O Carballo Interplay trae dúas novidades centradas nas míticas series Twin Peaks e Sexo en Nova York

S. P.
Publicado: 20/03/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

estela_ortiz.jpgOs contidos dixitais volverán ser o eixo dunha nova edición do Carballo Interplay, un encontro que chega xa á súa 13ª edición e que se celebrará do 16 ao 19 de abril na vila bergantiñá que serve de nome a este festival.
Desta volta o Carballo Interplay trae dúas novas actividades que revivirán dous títulos ben senlleiros da historia da televisión cunha ollada diferente, máis actual e lúdica. O Mercado de Carballo acollerá así un encontro arredor de Sexo en Nova York e outro centrado en Twin Peaks, dúas propostas que parten de series xa convertidas en clásicos para demostrar a súa capacidade de seguir presentes.
raquel_pineiro_recorte.jpgO primeiro destes encontros terá lugar o venres 17 de abril ás 19 horas coa gravación en directo de Sexo en Nova York Podcast, da man de Raquel Piñeiro e Patricia Blanco. Xa o sábado 18, ás 18.30 horas, será a quenda de I’ll see you in my dreams. Twin Peaks, unha conversa entre Estela Ortiz e Juan Evaristo Valls Boix arredor da icónica creación de David Lynch.
Raquel Piñeiro e Patricia Blanco levarán ao Mercado de Carballo a esencia de Sexo en Nueva York Podcast, o proxecto co que desde 2022 revisan episodio a episodio a popular serie a través dunha conversa errática, apaixonada e chea de humor. Desorde, spoilers, caos, sentido lúdico e inesperadas referencias a Pontevedra definen un formato que converte ao universo de Carrie, Miranda, Charlotte e Samantha nun punto de partida para a análise cultural e o comentario libre de prexuízos.
juan_evaristo_valls.jpgO sábado 18 de abril ás 18.30 horas, o festival achegará I’ll see you in my dreams. Twin Peaks mediante unha charla en directo entre Estela Ortiz e Juan Evaristo Valls Boix que nace do podcast Club de Serias, de Radio Primavera Sound, un espazo de análise cultural sobre as series icónicas de hoxe e de sempre. Ambos afondarán na pegada de Twin Peaks desde unha lectura contemporánea e compartida en directo co público.
Estas dúas novas citas súmanse aos primeiros contidos xa anunciados para a 13ª edición do Carballo Interplay. Entre eles figuran Rajando con… Bimboficadas, o espectáculo en directo de Samantha Hudson e María Barrier previsto para o venres 17 de abril ás 22 horas no Mercado de Carballo, e tamén Pop y Muerte, o podcast conducido por Kiko Amat e Benja Villegas, que poderá escoitarse en directo o sábado 18 ás 22.30 horas no mesmo espazo.
Para rematar, dicir que o Carballo Interplay está organizado polo Concello de Carballo e Turismo de Carballo con produción e dirección de Cósmica. Conta co apoio da Xunta de Galicia, a través de AGADIC, e da Deputación da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?